Vigo e Pontevedra comezan o seu descenso no número de casos, con só 25 novos positivos en Galicia nas últimas 24h


Os datos do SERGAS sobre o número de positivos por coronavirus nas últimas 24 horas reflicten un descenso alentador no número de novos casos detectados polo Servizo Galego de Saúde. 


|

Os datos do SERGAS sobre o número de positivos por coronavirus nas últimas 24 horas reflicten un descenso alentador no número de novos casos detectados polo Servizo Galego de Saúde.

 

Os datos procedentes de as fontes oficiais do SERGAS sinalan un pronunciado descenso en toda a comunidade. Vigo e Pontevedra son as notas máis positivas da xornada, con rexistros negativos en cando ao número total de casos por áreas.  



No seu conxunto, Galicia só declarou 25novos casos. Este é o mellor dato na comunidade desde o 12 de marzo. Desta forma, e agarrandonos á evolución das cifras nestas últimas semanas, parece claro que as medidas de confinamento empezan a deixarse notar na sanidade galega. 


As áreas de Vigo e Pontevedra merecen unha mención especial, xa que descenderon o seu número de casos nas últimas 24 horas. Desde o martes, Vigo suma 28 postivos menos, mentres que Pontevedra rexistra seis menos en comparación co día anterior. 


No resto de áreas os datos son igual de esperanzadores, coa excepción da Coruña, que sufriu un repunte de casos o pasado martes, aínda que non especialmente alarmante, e parece que comeza a estabilizarse de novo, e Santiago. 




Coa condición da Coruña, que arroxou 21 novos casos nas últimas 24 horas (46 o día anterior) e Santiago, con 27 , ningunha área supera a decena de novos positivo. Con 6 novos positivos, Ferrol só rexistrou 6 novos infectados, por tres de Ourense e dous de Lugo. 


Os datos do SERGAS deste 8 de abril sitúan en  5.460 o número de positivos totais en Galicia. Por áreas, 1.138 corresponden á da Coruña, 566 a Lugo, 1.001 a Ourense, 460 a Pontevedra, 1.066  a Vigo, 911 a Santiago e 318 a Ferrol


Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.



 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE