Os casos de coronavirus repuntan na área de Coruña mentres desaceleran nas demais, incluída Ourense

Os datos do SERGAS reflicten un repunte significativo na Coruña, que levaba xa varios días estabilizada. No Servizo Galego de Saúde, que ata onte miraban con preocupación o que ocorría na área ourensá, agora poñen a lupa sobre a herculina. 


|

Os datos do SERGAS reflicten un repunte significativo na Coruña, que levaba xa varios días estabilizada. No Servizo Galego de Saúde, que ata onte miraban con preocupación o que ocorría na área ourensá, agora poñen a lupa sobre a herculina. 




Este domingo os datos do SERGAS sinalan 86 casos novos, diminuíndo considerablemente os 116 computados na xornada de onte, que supuxo a peor cifra despois de varios días por baixo do centenar de casos en toda a comunidade. A pesar deste repunte puntual, este non é especialmente alarmante, aínda que obriga ás autoridades sanitarias e aos cidadáns a non baixar a garda, aínda que a evolución da gráfica indica que as medidas do confinamento ata o de agora deron os seus froitos. 


A estatística de A Coruña supón case o 70% dos casos contabilizados nas últimas 24 horas en toda Galicia. Os 59 casos da área coruñesa é a cifra máis alta desde o pasado 1 de abril. Ourense, pola súa banda, despois de tres xornadas de escalada, parece que empeza a desacelerar na súa cifra de novos casos positivos, pasando dos 47 de onte aos 25 de hoxe.


En cambio, o resto de áreas arroxan uns datos alentadores. Santiago, que onte non rexistrou nin un só positivo, só engadiu dez novos casos á súa estatística. Ferrol, pola súa banda, só suma un novo caso nas últimas 24 horas. 


Pola contra, Lugo e Pontevedra baixaron un positivo desde onte e significa a terceira xornada na última semana que as dúas áreas ofrecen cifras negativas. Ademais, Vigo ten sete casos menos que sábado, o mellor dato de toda Galicia neste domingo. 


Este domingo 12 de abril hai 5.833 casos activos en toda Galicia. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, 1.228 corresponden a o área de A Coruña, 591 a Lugo, 1.154 a Ourense, 482 a Pontevedra, 1.078  a Vigo, 973 a Santiago e 327 a Ferrol.


Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE