A área de Lugo leva dous días sen aumentar o seu número de casos de coronavirus, pero Galicia rexistra 106 novos positivos
Os datos do SERGAS reflicten unha tendencia verdadeiramente prometedora na área sanitaria de Lugo, que nas últimas 48 horas non aumentou o seu total de casos positivos. Con todo, e por segunda vez en tres xornadas, o total de casos en Galicia nun só día volve superar o centenar.
Os datos do SERGAS reflicten unha tendencia verdadeiramente prometedora na área sanitaria de Lugo, que nas últimas 48 horas non aumentou o seu total de casos positivos. Con todo, e por segunda vez en tres xornadas, o total de casos en Galicia nun só día volve superar o centenar.
Este luns os datos do SERGAS sinalan 106 casos novos, 20 máis con respecto ás cifras de onte e só dez menos que o sábado, onde se rexistrou o peor pico en semanas. A pesar deste repunte puntual, este non é especialmente alarmante, aínda que obriga ás autoridades sanitarias e aos cidadáns a non baixar a garda, aínda que a evolución da gráfica indica que as medidas do confinamento ata o de agora deron os seus froitos.
Cabe destacar que, aínda que os datos creceron nesta xornada, ningunha das áreas rexistrou un aumento especialmente preocupante. De feito, ningunha das áres supera a trintena de novos positivos, sendo a de Santiago a que arroxa as peores cifras, con 28 novos positivos por coronavirus.
No resto de áreas os casos decrecen con respecto ao día anterior, como A Coruña e Ourense, que pasan de 59 e 25 casos o domingo a 24 e 12 este luns, ou mostran unha estabilidade que xa parece constante, como Vigo, que onte tivo a baixada máis significativa da xornada, con site casos menos, mentres que hoxe só conta unha ducia de positivos. Pontevedra, con 19 casos nas últimas 24 horas, e Ferrol, con 11, tamén soben os seus casos totais pero non preocupan especialmente.
O espello no que mirarse é, un día máis, a área sanitaria de Lugo, que non rexistrou un só caso novo no último día. Isto significa que, xunto co descenso do domingo, Lugo suma 48 horas sen engadir novos casos ao seu índice de positivos.
Este luns 13 de abril hai 5.939 casos activos en toda Galicia. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, 1.252 corresponden ao área sanitaria de Coruña, 591 a Lugo, 1.166 a Ourense, 501 a Pontevedra, 1.090 a Vigo, 1.001 a Santiago e 338 a Ferrol.
Hai que lembrar que o SERGAS, ao contrario que o Ministerio, só conta casos activos, desagregando os casos de persoas falecidas e de pacientes recuperados. Por iso a cifra de casos positivos do Ministerio sempre é superior á da Xunta.
Escribe o teu comentario