Viaqua -firma que leva a auga en urbes como Santiago, Pontevedra e Ourense- pecha a atención ao público para protexer este servizo público

|

Viaqua pecha, de forma temporal, a súa atención ao público presencial. Así busca "garantir a seguridade e saúde do noso persoal e os nosos clientes" ante a crise do coronavirus.


A firma xestora do servizo de auga en ducias de localidades galegas -entre elas as ciudadades de Ourense, Pontevedra e Santiago- lembra que todas as xestións poderanse seguir realizando a través de os canles de atención non presenciais. É dicir, o teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e a oficina virtual.


Viaquademostracion



Viaqua explica que "leva días aplicando accións preventivas para asegurar a continuidade do servizo coas máximas garantías en todos os municipios onde presta servizo, así como preservar a saúde das persoas".


Informar os traballadores, cancelar desprazamentos, impulsar o teletraballo e cancelar visitas externas son algunhas das medidas adoptadas previamente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress