Récord de positivos en Ourense tras facerlle probas a todos os anciáns dunha residencia, con descensos no resto de áreas


Mentres Vigo só rexistrou seis novos casos nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Ourense sufriu un aumento con case 200 novos casos, un salto que non se experimentou ata o de agora en ningunha das áreas coa excepción da viguesa, que o 30 de marzo rexistro 185 casos novos nun só día.


|

Mentres Vigo só rexistrou seis novos casos nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Ourense sufriu un aumento con case 200 novos casos, un salto que non se experimentou ata o de agora en ningunha das áreas coa excepción da viguesa, que o 30 de marzo rexistro 185 casos novos nun só día.


Ferrol foi a área sanitaria que rexistrou o primeiro contaxio máis tarde, o 9 de marzo. A Coruña, a que máis temperán, o 4 de marzo. En Vigo foi o 5 de marzo.


Os datos de Ourense están motivados polo alto número de positivos que se deron nas últimas horas en residencias de anciáns, algunhas con máis dun centenar dos usuarios infectados. Así, Ourense pasa dos 34 do venres aos 181 positivos deste sábado, que o pon á cabeza en canto a número de novos positivos esta xornada. 


CASOS CONFIRMADOS  POR ÁREAS SANITARIAS

O número de positivos na comunidade galega ascende a 4.926. Deles 1.029 son da área da Coruña, 558 da de Lugo, 875 da de Ourense, 432 da de Pontevedra, 1.055 da área de Vigo, 694 da de Santiago e 283 da de Ferrol.


Coa expeción de Ourense, os datos no resto das áreas sanitarias son alentadores. Vigo só rexistrou seis novos casos positivos, Pontevedra sete e Lugo 5. A Coruña, Santiago e Ferrol tamén teñen valores estables ou de baixada, como no caso das áreas da capital e departamental. 



Pem0V novos casos diarios de coronavirus desde 13 03 2020 (4)


 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE