O Básquet Coruña anima a aumentar as doazóns de sangue durante o mes de decembro
Máis de 1.000 persoas nas visitas das unidades móbiles de ADOS que acudiron até a cidade da Coruña e concellos limítrofes.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Club Básquet Coruña conseguiron mobilizar en decembro coa campaña 'Mete a tripla dá túa vida' a máis de 1.000 persoas nas visitas das unidades móbiles de ADOS que acudiron até a cidade da Coruña e concellos limítrofes.
A iniciativa, enmarcada na campaña de fomento da doazón no período de Nadal, forma parte do programa '16 partidos, 16 causas' que promove o Básquet Coruña e que busca "dar a coñecer distintas actividades de índole solidaria, como a doazón de sangue, e alcanzar unha maior participación por parte da cidadanía".
A campaña presentouse o pasado 7 de decembro, cunha intensa campaña de información e sensibilización na que participaron os xogadores Guillen Jou e Dino Radoncic que gravaron vídeos difundidos a través das redes sociais da ADOS e do Básquet Coruña, animando á cidadanía a doar sangue.
Todas as persoas que doaron sangue na Coruña e a súa contorna entraron no sorteo de 30 entradas para presenciar o partido oficial entre o Leyma Coruña e Alega Cantabria que terá lugar no Coliseum coruñés este domingo 4 de xaneiro.
Ademais, entre todos os participantes realizouse o sorteo dunha camiseta asinada por todos os xogadores do Básquet Coruña.
Escribe o teu comentario