A cuestión crave agora é dirixímonos a unha fase de planicie con leves altibaixos ou nacerá unha nova onda, aínda que sexa dun calibre relativamente modesto? É imposible predicilo por analogía, porque non hai territorios na nosa contorna que nos leven unha vantaxe importante en vacinación.
As comarcas de Vigo e Val Miñor, dúas das máis golpeadas pola cuarta onda, parece que empezan a baixar as súas incidencias semanais. De feito, xa non queda ningún municipio nas dúas comarcas nin en risco extremo nin en risco máximo.
Verín (con Laza en risco extremo e Cualedro en risco máximo), Bergantiños (con Coristanco en risco máximo e Carballo e A Laracha en risco algo) e Arousa (onde Vilanova e Cambados seguen en risco máximo) son as comarcas con peores cómputos esta semana.
Segundo recollen as imaxes recompiladas por Galiciapress de redes sociais, tamén houbo colas, aínda que non tanto barullo como en Santiago, polo menos en Vigo e a Coruña.
Por agora, a Xunta non contestou.Hai anos que o SERGAS e a Asociación levan encerellados en polémicas ao fío de episodios de saturación nas urxencias do CHUS. A gripe foi o desacadenante de imaxes de pacientes esperando en padiolas e en cadeiras de rodas no corredores, no canto de en os preceptivos 'boxes', en pasados invernos.
O base chega a Santiago de Compostela para reforzar ao club galego ata final de tempadas.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser pésimas. O empeoramento é xeneralizado, aínda que máis grave sobre todo nas cidades e comarcas de Santiago e A Coruña. Especialmente preocupante é a evolución da taxa de positividade, en niveis récord. Tras relaxarse en Nadal, o SERGAS non está a conseguir reducila agora, o que pon en perigo a capacidade diagnóstica.