O 28 de xullo de 2024, foron as últimas eleccións presidenciais en Venezuela, segundo os resultados da oposición (non oficiais e actas non publicadas) o gañador sería Edmundo González Urrutia, actualmente no exilio, cun apoio do 67% fronte ao 30% de Maduro, este actualmente detido por axentes da DEA (Administración de Control de Drogas) e trasladado a un cárcere de Brooklyn, en Nova York.
Os resultados daquelas eleccións, son e sen interferencias de ningunha potencia estranxeira, os que se deberán de ter en conta de face a unha futura, difícil e longa transición, co único fin de preservar a unión entre venezolanos e as liberdades ás que teñen dereito todos eles. A transición neste país deberá ser pacífica e pactada entre as dúas partes, é dicir, entre a oposición e o réxime de Maduro.
No caso de celebrar unhas novas eleccións presidenciais, estas deberán ter presente a supervisión de observadores internacionais, á que como é obvio, haberá que contar cos case 8 millóns de venezolanos no exterior con dereito a voto, que como os propios do país, sufriron e sofren as nefastas consecuencias económicas e sociais que durante 20 anos causou a ditadura chavista, apoiada financieramente por Rusia, mentres a súa principal fonte de riqueza, o petróleo, ten unha baixa produción, debido ás súas obsoletas instalacións.
Este recurso natural do país é no que ten posto os seus ollos os EEUU. de Donald Trump e que pon como escusa xunto co narcotráfico, para derrocar de forma ilegal un réxime co seu presidente á cabeza, saltar desta maneira o dereito internacional e a Carta das Nacións Unidas, á vez que sinta futuros e inmediatos precedentes, inaugurando desta maneira e coa utilización da forza, un futuro mapa xeopolítico no contexto internacional, como sería os casos de China con Taiwan ou de Rusia en relación con Ucraína e as súas terras raras.
Os EEUU. terán este ano que empeza unhas eleccións lexislativas de medio mandato no mes de novembro, aí poderemos ter algunha pista dos camiños da política doméstica americana e as súas relacións como potencia no contexto internacional, que non debería ser a política unilateral e personalista de Donald Trump, o cal, repito, sáltase os organismos internacionais, a ONU e as propias institucións americanas, pero tampouco debemos esquecer, así como analizar desde un punto de vista sociolóxico, cales son as causas que fan que un señor como Trump estea de inquilino na Casa Branca.
Deberá modificar o Consello de Seguridade da ONU, onde EEUU. ten dereito a veto xunto a outros 5 países dos 15 que o conforman, xa que foi creado no seu día para unha situación internacional moi diferente á actual ao termo da Segunda Guerra Mundial. Dentro do país caribeño, determinados actores políticos deberán non enrocarse naquelas posicións dogmáticas e ortodoxas que só dividen á poboación. Os populismos ao final só xeran vítimas e a nova xeopolítica de Rusia, EEUU. e das potencias emerxentes marcarán o futuro do século XXI.
Escribe o teu comentario