Santiago cae a risco baixo, forte rebote en Ribeira e Vigo e A Coruña seguen baixando os seus niveis de covid

As comarcas de Vigo e Val Miñor, dúas das máis golpeadas pola cuarta onda, parece que empezan a baixar as súas incidencias semanais. De feito, xa non queda ningún municipio nas dúas comarcas nin en risco extremo nin en risco máximo.

Verín (con Laza en risco extremo e Cualedro en risco máximo), Bergantiños (con Coristanco en risco máximo e Carballo e A Laracha en risco algo) e Arousa (onde Vilanova  e Cambados seguen en risco máximo) son as comarcas con peores cómputos esta semana.


|

As comarcas de Vigo e Val Miñor, dúas das máis golpeadas pola cuarta onda, parece que empezan a baixar as súas incidencias semanais. De feito, xa non queda ningún municipio nas dúas comarcas nin en risco extremo nin en risco máximo.


Verín (con Laza en risco extremo e Cualedro en risco máximo), Bergantiños (con Coristanco en risco máximo e Carballo e A Laracha en risco alto) e Arousa (onde Vilanova  e Cambados seguen en risco máximo) son as comarcas con peores cómputos esta semana.





Tamén resulta preocupante a alza de Ribeira, cun +13 hoxe no seu cómputo semanal. A vila máis poboada do Barbanza suma 25 positivos na última semana, suficientes para mantelas en risco alto, en vermello claro no mapa.




Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Noia +1
  • Oleiros +1
  • Lugo +1
  • Vilanova de Arousa +3
  • Cambados +4
  • Carballo +6
  • Ribeira +13



Relación de concellos cuxo total de positivos na ú baixa  ltima semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -18
  • Santiago de Compostela -7
  • Coruña (A) -4
  • Laracha -3
  • Ordes -3
  • Padrón -3
  • Cangas -3
  • Gondomar -3
  • Moaña -3
  • Pontevedra -3
  • Tui -3
  • Cambre -2
  • Coristanco -2
  • Ames -1
  • Vilagarcía de Arousa -1



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

A nivel de cidades, unha mala noticia. Só un día despois de alcanzar niveis de positivos semanais propios do nivel de nova normalidade, Ferrol perde esta condición.


Cantos positivos novos provocaron este cambio de nivel en Ferrol? É imposible sabelo, debido á opacidade da cifra do SERGAS. 


Sabemos que o cómputo semanal onte de Ferrol era "entre 1 e 9" e hoxe tamén é "entre 1 e 9". 

Por tanto, tanto sería posible que onte Ferrol tivese 0 casos no últimos sete días onte e hoxe saltasen 9, como que onte Ferrol sumase 8 nunha semana e hoxe só teña 1 máis. 


O único seguro é que algún positivo saltou, por que a súa incidencia acumulada xa non está por baixo de 10. Por iso, hoxe Ferrol deixa o verde da nova normalidade no mapa e pasa ao amarelo de risco baixo, nivel que o doutor Luís Vázquez ilustra con verde nos seus gráficos:


A boa noticia é que Santiago deixa o laranxa de risco medio e cae ao amarelo de risco baixo no mapa de Galiciapress, grazas ao -7 do seu cómputo semanal hoxe. Santiago xa estaba en risco baixo na escala a 14 días onde, de feito, ten mellores cifras mesmo que Ferrol.




A única cidade con niveis de risco alto a 14 días, que empezan nunha incidencia de 150, é Vigo, pero cunha clara tendencia á baixa. Por agora, non hai nin rastro de alzas debido a o brote de cepa india nun mercante. De feito Vigo consegue hoxe a súa maior baixada nun día desde a terceira onda.



Vigo substituíu á Coruña como cidade con peores datos debido ao impacto da cuarta onda. A Coruña non esquivou por completo o impacto da cuarta onda, pero sufriuno moitos menos que Vigo. Ademais, a súa curva a 14 días revela xa unha clara certa tendencia á baixa desde hai tres días:




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A pesar de que Galicia parece que logrou dobrar a curva desta cuarta onda, ningunha área sanitaria ha conseguido aínda recuperar os niveis tan baixos que tivemos a principios de abril. Por exemplo, Ferrol, quizais a mellor parada ultimamente, ten só 99 casos activos, pero chegou a soportar só 74.  Pontevedra e Vigo seguen sendo as que presentan curvas con tendencia á alza máis visible:




En canto aos casos activos,  a nivel galego aumentaron lixeiramente ata colocarse nos 3.106, sete máis, debido a que nas últimas 24 horas os novos diagnósticos superaron ás altas.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentaron nas áreas de Vigo, ata os 945 en total (+6); en Pontevedra-O Salnés, a 491 (+14); en Santiago-Barbanza, a 364 (+9); e en Ourense-Verín-O Barco, a 269 (+2).

Ademais, decreceron os casos activos nas áreas da Coruña-Cee, ata situarse nos 710 (-11); en Lugo-A Mariña-Monforte, ata 239 (-11); e en Ferrol, que cae do centenar ata os 99 (-3).  


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Pola súa banda, os contagios detectados con calquera tipo de proba nas últimas 24 horas volvéronse a situar por baixo dos 200. Así, dos 174 novos casos, 146 foron por positivo en PCR.

A área que máis novos contagios achega nos datos deste domingo é a de Vigo con 46 casos --cinco máis que a xornada anterior--, seguida por Pontevedra con 42 (+12), pola Coruña con 33 (sen variacións) e Santiago-Barbanza con 26 (+3). Mentres tanto, na de Ourense detectáronse 12 positivos (-7), en Lugo 11 (-7) e en Ferrol, só catro (-7).  



HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

O total de ingresados con covid-19 sobe a 214 --catro máis que o día anterior--, repartidos entre as UCI --51, un máis-- e as unidades convencionais --163, tres máis--.

Por áreas sanitarias, cinco delas seguiron este aumento da presión asistencial. En concreto, a da Coruña-Cee contabiliza 68 ingresados (+1), aínda que baixaron os de coidados intensivos ata os 12 (-1).

Tamén ascendeu o total de pacientes covid na área de Ourense-Verín-O Barco, ata os 28 (+2), dos que 12 están críticos (+2); en Pontevedra-O Salnés, con 26 (+1), cinco deles (igual) en UCI; en Santiago-Barbanza, con 24 hospitalizados (+1), catro (sen variacións) en coidados intensivos; e Ferrol, con 10 ingresados (+1), dos cales dous se manteñen en críticos (igual).

Pola contra, a área sanitaria de Vigo non variou no total de hospitalizados covid, que se mantén nos 41, 12 deles na UCI; mentres que a de Lugo-A Mariña-Monforte foi a única en descender, ata os 17 ingresados (-2), dos que catro se manteñen en coidados intensivos.  

XS2z7 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (4)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE