Chega o temido repunte: os casos activos de covid soben por vez primeira en dous meses e medio


A cuestión crave agora é dirixímonos a unha fase de planicie con leves altibaixos ou nacerá unha nova onda, aínda que sexa dun calibre relativamente modesto? É imposible predicilo por analogía, porque non hai territorios na nosa contorna que nos leven unha vantaxe importante en vacinación.


|

Os 33 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que o mínimo histórico de onte, 14, era en certa medida un espellismo provocado polas poucas PCRs do Puente do Pilar. Hoxe os índices semanais soben e, o que é máis preocupante, a incidencia acumulada bisemanal tamén crece por vez primeira desde o pico. 


Os casos activos aumentan por vez primeira desde o 28 de agosto. Confírmase pois o cambio de tendencia do que Galiciapress levaba xa varios días advertindo. O rebote sucede xusto cando a Xunta anuncia o fin da emerxencia sanitaria a próxima semana. 


Chegou pois o momento clave. A pandemia ou tocou fondo xa ou non pode baixar moito máis, dada a non total eficacia das vacinas contra a transmisión, a súa perda de vigor co tempo e a non vacinación dos menores de 12. 





A incidencia acumulada semanal sobe de 6,2 a 6,5 casos por 100.000 habitantes. É a terceira vez que sobe neste mes. Pese ao cambio de tendencia, mantémonos en  nova normalidade segundo a escala deste indicador no semáforo oficial de alertas e o 6,5 é o segundo mellor valor da serie histórica.


A incidencia acumulada a 14 días ascende 14,4 a 14,5. É unha subida ínfima, pero en absoluto non unha anécdota,  porque implica un cambio de tendencia e os cambios de tendencia neste índice son moi significativos. En toda a serie histórica de 14 meses, este indicador xamais cambiou de rumbo para corrixir pouco despois a súa traxectoria. A lóxica pois indica que nos diriximos a unha época de alza de casos. En todo caso, mentres aguantemos por baixo de 25, seguimos en nova normalidade neste baremos.


O dobre da incidencia semanal (13 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 14,5  ). A razón de taxas resultante é de 0,9 , o que significa que na última semana houbo un 10% menos de positivos que na penúltima. É dicir, se usamos este índice como referencia a melloría aínda subsiste. 


La taxa de positividad onte foi do 1,8%, a peor desde o 1 de outubro. Bástanos para mantervos en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. Está nun excelente 1,3%, pero o problema é que creceu en tres do últimos catro días. Outro indicador do cambio de tendencia.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +1,2%. Como consecuencia, a media semanal dá outro  paso máis  na mala dirección e sobe de -5,4% a -4,7%.





O dato de alza de casos de hoxe pode ser, oxalá o sexa, anecdótico. O importante é fixarse na evolución da media semanal. 


Non ten moi boa pinta. Empezamos o mes en -7,09 e estamos en -4,7%. De seguir esta traxectoria a media alcanzará 0 antes de que empece outubro. Entón é cando poderemos dicir que entramos nunha onda, pois os casos activos estarán a crecer non xa desde unan perspectiva diaria como hoxe, senón desde unha perspectiva 


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +6  , o primeiro desde o pico da quinta onda. O total é de casos activos é de 508.


DATOS POR ÁREAS

A Coruña (6) e Santiago  (11 ) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. Chama a atención a resultado da área compostelá, pois hai tempo que non subía de 10. Nas últimas semanas, cando unha área superou os 10 sempre se debeu a algún brote en colexio ou residencia.





Os enfermos críticos seguen sendo 10 tras a morte dunha persoa. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:



  • A pandemia está a tocar fondo ou o tocou xa. Sería moi sorprendente que lográsemos gozar de niveis significativamente mellores aos actuais, polo menos ata que os nenos póidanse vacinar. Os niveis de vacinación non crecerán significativamente ata entón e xa hai máis de dúas semanas desde a vacinacións masivas.
  • A cuestión crave agora é dirixímonos a unha fase de planicie con leves altibaixos ou nacerá unha nova onda, aínda que sexa dun calibre relativamente modesto? É imposible predicilo por analogía, porque non hai territorios na nosa contorna que nos leven unha vantaxe importante en vacinación.
  • Á hora de responder esa pregunta hai un factor que sen dúbida influirá, como sempre, a mobilidade social. Canta máis haxa, máis contagios sufriremos. Por iso o anuncio de fin da emerxencia sanitaria lanzado onte pola Xunta pode resultar perigoso, pois a poboación pode interpretalo como o fin da pandemia.

 

K2gI0 porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE