Desconvocada a folga de transporte nas Festas do Apóstolo ao ratificarse o primeiro convenio en Tussa
Os traballadores estaban sometidos ata o de agora a tres convenios diferentes, o que creaba peores condicións para algúns.
Os representantes dos empregados recoñecen que non lograron todo o que querían, pero aínda así conseguiron que o 100% do persoal refrendara o preacordo
Traballadores de Tussa concéntranse ante a intermodal de Santiago nunha imaxe de arquivo de EP
Os traballadores da empresa de mobilidade de Santiago de Compostela desconvocaron a folga prevista para os días 24 e 25 de xullo, os días grandes das Festas do Apóstolo, tras apoiar "unanimemente" o novo acordo entre responsables de Tussa e o comité de empresa.
Nun comunicado, o órgano representativo dos traballadores explicou que, tras varias reunións nos últimos días que axudaron a "desbloquear as posicións empresariais que impedían o acordo final", chegouse a un preacordo "satisfactorio" que debía ser referendado en asemblea dos empregados de Tussa durante a noite do mércores.
PRIMEIRO CONVENIO DA HISTORIA
Os traballadores destacaron o feito de que, tras a lectura do preacordo e o debate, aprobaron "por unanimidade" o novo documento, que se converterá no primeiro convenio de Tussa. Tamén informaron de "agora só queda pendente a redacción final de parte do articulado", unha vez que "a parte económica e de dereitos sociais está negociada e pechada".
O presidente do comité de empresa de Tussa, Antonio Souto, manifestou a Europa Press que, "aínda que non cumpre por completo as expectativas iniciais, o novo texto senta as bases para igualar as condicións laborais de todos os empregados da empresa, que ata o de agora estaban suxeitos a tres convenios: o antigo de Setex Aparki, o convenio galego de aparcamentos e o provincial de oficinas e despachos".
CONDICIÓNS IGUALADAS
O novo convenio, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022 e seguirá vixente ata o final de 2024, igualará as condicións de todo o cadro de persoal. Ademais, o convenio recolle unha cláusula que permite "que se actualicen os salarios automaticamente nas mesmas contías que se fixen en 2024 para a función pública".
MÁIS SOLDO
Outro dos puntos da regulación aprobada é o desbloqueo da subida salarial pendente en 2020. Ese incremento foi estipulado no 1,9%, e será comezará a abonarse co inicio da vixencia do convenio único.
En canto á antigüidade, está pasase a un máximo do 25% do salario basee en trienios. Con todo, os traballadores que contasen cun convenio superior manterán o seu tramo como condición máis beneficiosa e consolidada no convenio. Tamén se introducirá un plus de compensación para os empregados que, por condicións de servizo, teñan que ter xornada partida.
A UNIÓN FAI A FORZA
Por parte do comité trasladaron a conformidade con que se "rompa unha situación que provocaba importantes diferenzas salariais e sociais". "Foi a unidade sindical e a unión dos diferentes colectivos nun obxectivo común o que permitiu á comisión negociadora ter a forza necesaria para alcanzar este acordo", finalizaron os traballadores.
Escribe o teu comentario