Así é o novo contendor marrón que instalará Santiago de Compostela: o 'quinto contedor' para biorresiduos

A última Xunta de Goberno do Concello de Santiago deu luz verde ao comezo do proceso de adxudicación do novo contrato de xestión de residuos, limpeza viaria e recollida de lixos da cidade, que contará con novidades como un novo contedor, marrón, para o tratamento individualizado de biorresiduos, ou un sistema de sensores de enchido para garantir que a recollida se produza, como máximo, cando os contedores alcancen o 75% da súa capacidade.

|

A capital galega aproba a instalación dun novo contedor, cuxo contido se utilizará para a súa reutilización como compostaxe. 


Estsa novidade, produto do novo contrato de xestión de residuos, limpeza viaria e recollida de lixos, inclúe tamén un sistema de sensores para que os contedores non excedan o 75% da súa capacidade. 


Quinto contedor bioresiduos

Santiago imita así o modelo que xa seguen algunhas cidades do País Vasco | Foto: EP


A última Xunta de Goberno do Concello de Santiago deu luz verde ao comezo do proceso de adxudicación do novo contrato de xestión de residuos, limpeza viaria e recollida de lixos da cidade, que contará con novidades como un novo contedor, marrón, para o tratamento individualizado de biorresiduos, ou un sistema de sensores de enchido para garantir que a recollida se produza, como máximo, cando os contedores alcancen o 75% da súa capacidade.


Así o explicou a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, nunha rolda de prensa para informar da adxudicación deste servizo, que actualmente se presta en virtude dun contrato formalizado hai 16 anos e cuxa vixencia --incluída a prórroga-- finalizou en marzo de 2020.


Neste caso, o contrato, en lugar de en un, dividirase en dous lotes --recollida de residuos, mantemento de contedores e limpeza viario por unha banda e recollida de papel e cartón por outra-- e darase entrada así a empresas de inserción social ou centros especiais de emprego.


BIORRESIDUOS E SENSORES

Segundo explicou Mila Castro, o novo contrato "presta especial atención á recollida selectiva de biorresiduos", a través da implantación dun quinto contedor, de cor marrón, e ao fomento da compostaxe individual e comunitaria.


Así mesmo, prevese a incorporación vehículos eco e de cero emisións e a aplicación de tecnoloxías para regular a frecuencia de recollida ás necesidades de cada área. Entre elas, a concelleira destacou a instalación nos contedores de sensores para verificar o nivel de enchido e proceder ao seu baleirado cando alcance, como máximo, o 75%, evitando así desbordamentos.


En relación á recollida, "van establecer previsións individualizadas para cada área do concello", en función das súas necesidades, e haberá un incremento de zonas con contedores e novas localizacións.

A recollida de residuos domésticos en centro histórico será "con puntos de recollida móbil en determinados espazos e determinadas horas", dixo Mila Castro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE