Notable repunte na Coruña, leve en Santiago e Ferrol e maioría municipios con medias de covid estancadas




Os sinais de repunte a nivel de Galicia déixanse ver claramente na maioría das cidades do país. A situación máis preocupante é a da Coruña cidade. Ademais de ser a urbe con peores cifras, encadea dous días seguidos con rebotes considerables da súa incidencia acumulada semanal.


|

As sinales de repunte a nivel de Galicia tamén se deixan ver claramente na maioría das cidades do país. 

A situación máis preocupante é a da Coruña cidade. Ademais de ser a urbe con peores cifras, encadea dous días seguidos con rebotes considerables da súa incidencia acumulada semanal.


No mapa municipal de incidencia semanal, A Coruña mantense en risco alto, en vermello escuro no mapa, o que teñen os muncipios con máis de 125 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana.  





Os municipios cuxo cómputo de positivos a 7 días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:



  • Ames +1
  • Cangas +1
  • Marín +1
  • Culleredo +2
  • Narón +2
  • Santiago de Compostela +3
  • Paradela +3
  • Arteixo +5
  • Ferrol +5
  • Coruña (A) +23


As malas noticias non son por tanto só para A Coruña cidade. Varios municipios do seu distrito sanitario (Culleredo e Arteixo) tamén repunten, como o fan os concellos máis poboados da área de Ferrol (Ferrol e Narón) e Santiago (Compostela e Ames).


A relación de concellos cuxa suma de positivos en semanal baixa hoxe respecto a a mesma suma onte é:



  • Vigo -9
  • Pontevedra -4
  • Ourense -3
  • Lugo -2
  • Vilanova de Arousa -2
  • Cambre -1
  • Oleiros -1
  • Boboras -1
  • Poio -1
  • Redondela -1


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador ao final da noticia.


COMPARATIVA DE CIDADES


Cada vez son menos as urbes que manteñen a melloría no plano de sete días. Hoxe só logran baixala Lugo, Ourense e Pontevedra. No resto repunta.



A Coruña é a urbe con peores cifras tanto a 7 como a 14 días. A dúas semanas, ademais, é unha das que repunta: 



Como de grave é a situación en A Coruña? Se o miramos desde unha perspectiva a 14 días, o repunte na Coruña xa é visible, pero de forma moi leve. Así, hoxe o cómputo a 14 días sobe moi pouco, de 548 a 549. O problema é que subiu en 3 dos últimos 5 días, o que apunta ao comezo de un cambio de tendencia a peor:



Repunta hoxe tamén a incidencia semanal e a dúas semanas  en Santiago. Con todo, son repuntes moi leves e segue sendo a cidade con mellores cifras de Galicia a 14 días. O verdadeiramente preocupante é que son os primeiros rebotes desde o pico da terceira onda. Xa o alcalde avisou onte que a cidade entraba nun período "incerto".  A gráfica de hoxe confirma o temor de que Compostela tocase chan:




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Desde o 1 de febreiro ningunha área sanitaria había subido o seu cómputo de casos activos. O 28 de febreiro Ourense sufriu unha pequena subida, de 280 a 284. Hoxe sófrea Vigo de 606 a 610. Son alzas pequenas e por agora temporais, pero se se van facendo máis frecuentes estaremos ante outro sinal de cambio de tendencia a peor:


Os casos activos diminúen lixeiramente nas sete áreas galegas e do total, 1.211 corresponde á da Coruña e Cee; 610 á de Vigo; 442 á de Pontevedra e O Salnés; 379 á de Santiago e Barbanza; 282 á de Lugo; 279 á de Ferrol e 219 á de Ourense.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Por contra, aumentan os contagios diarios detectados con calquera tipo de proba a 152 --tras os 88 do inicio da semana--, dos cales 116 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

Deses 116 positivos, 45 corresponden á área da Coruña e Cee; 23 á de Vigo; 13 á de Lugo; 11 á de Ferrol; outros 11 á de Pontevedra e O Salnés; outros 11 á de Santiago e Barbanza; e dous á de Ourense.



Deste xeito, a cifra de contaxiados desde o inicio da pandemia elévase a 113.873, deles 27.360 na área da Coruña e Cee; 21.410 na de Vigo; 18.105 na de Santiago e Barbanza; 14.650 na de Ourense; 12.486 na de Pontevedra e O Salnés; 11.803 na de Lugo; e 8.059 na de Ferrol. 

 

HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

 A presión hospitalaria descende en seis das sete áreas sanitarias galegas, xa que na de Vigo aumentan a 16 os hospitalizados en UCI --dúas máis--, mentres que se manteñen en 45 os ingresados noutras unidades.


Ferrol sitúanse como a área con maior descenso, con cinco persoas con coronavirus en UCI --dúas menos-- e 28 noutras unidades --oito menos--; seguida da de Santiago e Barbanza, con sete en críticos --un menos-- e 45 noutras unidades --seis menos--.

Pola súa banda, a de Lugo conta con seis ingresados en UCI --dúas menos-- e 22 noutras unidades --tres menos--; e a de Ourense ten catro en críticos --sen cambios-- e 23 noutras unidades --catro menos--.

A área da Coruña e Cee mantén a 30 pacientes Covid en UCI --sen cambios-- e 109 noutras unidades --catro menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés soben a nove os ingresados en críticos --un máis-- e baixan a 20 os hospitalizados noutras unidades --dúas menos--. 


SfcO6 incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE