Santiago de Compostela

Localizado en bo estado o home desaparecido en Santiago de Compostela

A plataforma SOS Desaparecidos desactivou a alerta para localizar ao veciño de Santiago de Compostela de 57 anos.


O director do Rosalía de Castro defende que os tres aeroportos galegos "son compatibles"

Sobre a antiga terminal do aeroporto compostelán, López Navarro afirmou que está "aberto" a "calquera iniciativa privada que teña visos de viabilidade". 

7 anos de inhabilitación para un ex edil popular de Santiago por prevaricación

Albino Vázquez Aldrey realizou unha substitución no corpo de seguridade "claramente ilegal e con respecto a un funcionario co que mantiña claros desencontros". 

Noriega defende "pasos firmes e claros" contra a exclusión social

Recoñece que non se alcanzaron os obxectivos que se marcou o goberno local, pero sostén que Santiago é a cidade galega "con maior incremento" do gasto social por habitante.

Duarte, "tranquilo" tras "esclarecer" que "non houbo trato de favor" a locais de lecer

Declarou durante tres horas e media nos xulgados de Santiago e á súa saída mostrouse "contento" e dixo que confía que se arquive o caso.

Os alumnos da USC gradúanse con notas superiores á media galega e española

Os estudantes de grao que terminaron os seus estudos en 2013/14 fixérono cun 7,43 de media, e os de máster con 8,42

Lei mordaza aos que se burlaron na internet dun axente fóra de forma

Están a chegar as denuncias aos usuarios das redes sociais que difundiron un vídeo gravado en Santiago. "O que se está facendo é aplicar unha lei", xustifica Alfonso Rueda. 

Noriega inicia unha rolda de encontros con veciños para "render contas"

Trátase de establecer comunicación directa cos composteláns e que eles mesmos trasladen ao goberno local as súas consideracións

José Antonio Riveiro Canosa, novo director da ONCE en Santiago de Compostela

A Axencia de Santiago é o terceiro centro con máis persoal de vendedores de Galicia, despois da Dirección de Apoio de Vigo e a Delegación Territorial de Galicia.

Noriega descarta que o escenario político da Coruña poida reproducirse en Santiago

Envía o seu apoio a Ferreiro e considera que a cuestión de confianza é unha ferramenta válida cando non hai alternativas. 

A biblioteca Ánxel Casal lanza un concurso de cartas de amor en galego por San Valentín

A biblioteca pública de Santiago dará a coñecer as bases do concurso este mércores e a presentación dos traballos concluirá o día 14 de febreiro. 

Os 'coleccionistas do pasado' teñen unha cita na Feira de Antigüidades de Santiago

Celebrarase no Palacio de Congresos entre os días 27 e 29 de xaneiro | Ademais de adquirir, os usuarios poderán facer unha taxación das súas pezas. 

Colgan unha pancarta contra a "especulación" no antigo hospital de Galeras

Galiza Nova colgou este xoves a pancarta na que se pode ler 'Non á especulación urbanística. O hospital vello para uso social'.

Noriega confía en que "ninguén deixa de visitar" Santiago por unha taxa turística

O alcalde ve en Feijóo unha actitude "moi defensiva" ante a posibilidade, pero segue "crendo que o debate é necesario".

A USC vende o edificio do antigo hospital de Galeras

O complexo, en desuso desde 2003, poderá albergar comercios e oficinas, condición que pedía a única empresa interesada.

Santiago solicita a Aena que o aeroporto pase a chamarse Rosalía de Castro

Este 2017 conmemórase o 180 aniversario do nacemento da escritora. Serviría, ademais, como "fomento dunha maior presenza simbólica das mulleres na cidade e en Galicia".

Feijóo, sobre a taxa turística en Santiago: "Un debate respectable, pero improvisado"

Non considera que este asunto estea "maduro" e remarca que "en Galicia aínda non hai un problema de overbooking"

La Caixa e Viaqua levan a Santiago a exposición 'H2Oh! Os secretos da auga da túa cidade'

A exposición, que conta co apoio do Concello compostelán, pretende concienciar sobre o uso e os desafíos da auga


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE