A biblioteca Ánxel Casal lanza un concurso de cartas de amor en galego por San Valentín

A biblioteca pública de Santiago dará a coñecer as bases do concurso este mércores e a presentación dos traballos concluirá o día 14 de febreiro. 


|

Bibliotecaanxelcasal


Con motivo da celebración do Día de San Valentín, a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela organizou un concurso de cartas de amor en galego no que poderán participar persoas maiores de 14 anos.


As bases deste concurso poderán consultarse a partir deste mércores, 1 de febreiro, na páxina web da biblioteca, así como na súa páxina de Facebook e nas propias instalacións do centro.


O espazo de presentación dos traballos concluirá o 14 de febreiro ás 21,00 horas. As cartas, cunha extensión máxima dunha páxina a computador, deberán ir sen asinar e cun pseudónimo.


O concurso terá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, dotados cada un deles cun lote de libros. A resolución do xurado farase pública o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE