Lei mordaza aos que se burlaron na internet dun axente fóra de forma

Están a chegar as denuncias aos usuarios das redes sociais que difundiron un vídeo gravado en Santiago. "O que se está facendo é aplicar unha lei", xustifica Alfonso Rueda. 


|

Policiacasco


O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, defendeu este martes que a Policía Nacional "aplica unha lei" ao denunciar a cidadáns pola difusión dun vídeo no que se vía correr a un axente tras un individuo en Santiago de Compostela.


Así se manifestou Rueda ao ser preguntado, antes de participar en Santiago na reunión sobre o proxecto de modificación do decreto de socorrismo, sobre se cría que se podía ver como un malgasto de fondos públicos que se centren as actuacións policiais nestas cuestións.


"Por suposto é opinable. Eu o que entendo é que esta noticia, que lin, efectivamente o que se está facendo é aplicar unha lei que está en vigor e, por tanto, hai pouco que discutir", sostivo o vicepresidente galego.


Neste sentido, engadiu que "despois pode haber opinións para todos los gustos". "Pero o que se está facendo é aplicar unha ley", insistiu ao respecto.


DIFUSIÓN


Segundo publicou este martes 'La Voz de Galicia', o pasado mes de novembro difundiuse un vídeo no que se vía un policía nacional de Santiago á carreira tras un home descamisado que fuxía pola rúa do Hórreo, mentres o que tomaba as imaxes ía nun coche e ría da suposta mala forma do axente.


Agora, algúns dos que votaron cun 'me gusta' aquela publicación están sendo denunciados pola Brigada Local de Seguridade Cidadá en aplicación da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como lei mordaza. A acta-denuncia ten data do 15 de novembro de 2016, pero é nestes días cando comezou a chegar a algúns dos implicados.

relacionada Rueda retuitea unha mofa de Pedrerol sobre Caballero e incendia a rede

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE