Os alumnos da USC gradúanse con notas superiores á media galega e española

Os estudantes de grao que terminaron os seus estudos en 2013/14 fixérono cun 7,43 de media, e os de máster con 8,42


|

Facultadhistoriausc


Os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que terminaron o seu grao no curso 2013/14 fixérono cunha nota media superior á galega e á española. O 7,43 dos estudantes da USC sitúase por encima do 7,36 do total de universidades galegas e do 7,29 do Estado.


Diso informou a institución académica a través dun comunicado, no que tamén detallou que o alumnado de máster finalizou cunha media de 8,42. Trátase dunha cualificación máis elevada que no resto de Galicia (8,28) e España (8,17).


Outro dos datos do informe 'As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica', elaborado pola fundación CyD (Coñecemento e Desenvolvemento), é que a taxa de rendemento en grao en superior na USC á media do Sistema Universitario Galego (SUG) e do Estado.


En concreto, a relación en termos de porcentaxe entre os créditos aprobados e os matriculados ascende ao 77,4 por cento en Santiago, por un 77,2 por cento en todo o país e un 74,6 por cento no conxunto do SUG.

relacionada 200.000 euros en axudas para a continuación de estudos universitarios en Galicia
relacionada Un investigador galego busca financiamento para o seu proxecto de rexeneración tras lesións medulares
relacionada Veñen os extraterrestres!

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE