Os 'coleccionistas do pasado' teñen unha cita na Feira de Antigüidades de Santiago

Celebrarase no Palacio de Congresos entre os días 27 e 29 de xaneiro | Ademais de adquirir, os usuarios poderán facer unha taxación das súas pezas. 


|

Mercadodeantiguedadessantiago


Uns 40 expositores chegados de distintos puntos de España, así como de Francia e Inglaterra, poñerán á venda unhas 30.000 pezas na IV Feira de Antigüidades de Santiago, que se celebrará no Palacio de Congresos entre os días 27 e 29 de xaneiro.


A concelleira de Desenvolvemento Económico de Compostela, Marta Lois, presentou este mércores a cita en compañía dos seus organizadores, Anxo Moix e Mari Cruz Madrid.


Ademais da compra de distinto tipo de pezas antigas, a cita ofrece tamén a posibilidade de que os asistentes leven as súas pezas para que os anticuarios poidan facerlles unha taxación precisa ou comprarllas.


Para Marta Lois, a feira "demostra que Compostela é un lugar atractivo para a celebración de eventos moi distintos" e que "segue sendo garantía de éxito para as empresas e entidades que teñen que decidir se participan ou non nunha feira como esa".


A cita abrirá as súas portas o venres 27 ás 17,00 horas e celebrarase tamén o sábado e o domingo en horario de mañá e de tarde. O prezo da entrada, válida para os tres días, será de 3 euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE