Noriega confía en que "ninguén deixa de visitar" Santiago por unha taxa turística

O alcalde ve en Feijóo unha actitude "moi defensiva" ante a posibilidade, pero segue "crendo que o debate é necesario".


|

Ruavilarsantiago


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, declarou que ve unha actitude "moi defensiva" no presidente da Xunta, Alberto Núnez Feijóo, á hora de debater a posibilidade de instaurar unha taxa turística na capital galega.


Así o dixo en declaracións aos medios ao ser preguntado por esta cuestión despois de reunirse co presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López, para tratar a necesidade dunha pista homologada para estes deportistas.


Ante os medios de comunicación, o alcalde reiterou que, ao seu parecer, a taxa non vai diminuír as cifras de visitantes porque "ninguén deixa de visitar a cidade por iso". Para Noriega esta sería unha vía de financiamento que "serviría para coidar o patrimonio e promocionar o destino a nivel internacional".


O rexedor compostelán asegurou que se estableceu "unha dicotomía" entre unha actitude "moi defensiva", por parte de varias institucións; e outra de "bastante comprensión", por parte dos veciños.


Con todo, Noriega deixou claro que "non vai dramatizar sobre este tema" e avanzou que el mesmo lle trasladará a proposta ao presidente da Xunta, porque, apostilou, segue "crendo que o debate é necesario".


FITUR E ANTIGO HOSPITAL DE GALERAS


Seguidamente, Noriega foi preguntado pola Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) --á que acudiu o pasado 20 de xaneiro xunto á concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois--, evento respecto do que fixo unha "valoración positiva", non só dos recoñecementos que se fixeron á cidade, senón que tamén dos contactos levados a cabo.


De forma particular, destacou os convenios e protocolos asinados dentro do grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, integrado por 15 municipios españois, e sinalou que están a conseguir "cousas importantes estes anos".


O rexedor compostelán tamén foi preguntado polo antigo Hospital Xeral de Galeras --inmoble do que se asinou o contrato de compra-venda entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa Asteriscos Real Estate S.L. o pasado 20 de xaneiro--, sobre o que afirmou que "a cuestión está canalizada" e que "non contemplan actuacións de grandes áreas comerciais" no 50 por cento que se dedicará a elas.

relacionada Feijóo, sobre a taxa turística en Santiago: "Un debate respectable, pero improvisado"
relacionada Noriega apela a AENA a ser "sensible" ao sentir maioritario de renomear Lavacolla
relacionada Santiago solicita a Aena que o aeroporto pase a chamarse Rosalía de Castro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE