Colgan unha pancarta contra a "especulación" no antigo hospital de Galeras

Galiza Nova colgou este xoves a pancarta na que se pode ler 'Non á especulación urbanística. O hospital vello para uso social'.


|

Galizanovahospitaldegaleras


Varios membros de Galiza Nova, organización vinculada ao BNG, colgaron unha pancarta en contra da "especulación" co antigo hospital de Galeras, que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) vendeu a Asteriscos Real Está S.L., empresa que fixo un primeiro pago (do 50%) por valor de 3.597.805 euros.


Nun proceso de poxa pública, esta sociedade presentou unha oferta por valor de 7.195.610 euros. Segundo o contrato de compra-venda, dentro de dous anos, o 20 de xaneiro de 2019, a USC recibirá o 50 por cento restante do prezo máis un incremento equivalente ao interese legal do diñeiro.


No contrato, que se asinou o pasado venres día 20, acórdase tamén que, no caso de non realizarse o pago do segundo prazo na data indicada, a USC recuperaría a titularidade do inmoble retendo, en condición de penalización, un 5 por cento da cantidade desembolsada no primeiro.


Case unha semana despois de que se formalizase o contrato, un grupo de algo menos dunha decena de mozas de Galiza Nova colgou a media tarde deste xoves unha pancarta na que se pode ler 'Non á especulación urbanística. O hospital vello para uso social'.

relacionada A USC vende o edificio do antigo hospital de Galeras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE