Neste inicio de campaña das Eleccións europeas, Galiciapress segue coa súa serie de entrevistas a candidatos galegos nestes comicios que se celebrarán do 6 ao 9 de xuño. Ao socialista Nicolás González séguelle agora o popular Francisco Millán Mon (Pontevedra, 1955), que cumpre xa dúas décadas en Bruxelas e Estrasburgo. Aspira a unha nova legisltura en postos de saída co PP, con temas como a Guerra de Ucraína, as relacións con Arxentina e o seu impacto sobre a flota galega, as eleccións en Venezuela ou as opcións de Altri en Palas de Rei como algúns asuntos desta conversación.
Un partido que aproveita a súa condición de maioría absoluta para crear un escenario, claramente explicito no citado regulamento, no que o debate político tanto favoreza descaradamente o lucimento persoal do Presidente da Xunta canto lle dificulte a oposición aos seus labores de fiscalización da acción de goberno e de confrontación das distintas alternativas.
“Está en mans de PSOE e Podemos”. Así de rotundo manifestouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con motivo das preguntas de Galiciapress sobre a posible irrupción da universidade privada no sistema universitario galego por medio da proposta para a creación en Vigo da 'Universidade Intercontinental da Empresa' de ABANCA, que agora segundo o rexedor galego depende do visto e prace do Ministerio de Universidades, unha carteira en mans de Podemos e do ministro Manuel Castells.
Galiciapress preguntou ao presidente pola nova plataforma que protesta contra a primeira universidade privada galega. “Está en mans de PSOE e Podemos”, responde o mandatario. Así de rotundo manifestouse ante os plans de ABANCA. que agora din depende do visto e prace do Ministerio de Universidades, en mans Manuel Castells, afín a Podemos.
O presidente da Xunta gardo distancia coa posibilidade de pactar unha alianza con Cidadáns Galicia que achegase aos populares a posibilidade de manterse á fronte do Goberno de Galicia. Cuestionado por Galiciapress sobre esta opción, Feijóo dixo que "queda tempo para falar diso". A creación dunha marca como ‘Navarra Suma’ en Galicia podería ser a alternativa que barallan desde o PPdeG para evitar que a suma das forzas de esquerda arrebátelles o goberno.
O Grupo Parlamentario Popular mostrouse "satisfeito" coa partia prevista para Galicia no proxecto de Presupuestos Generales del Estado para 2018 en rolda de prensa o pasado 3 de abril.