Torrado, PSdG: "Feijóo cala sumisamente porque está en campaña de fuxir cara Madrid"

O Grupo Parlamentario Popular mostrouse "satisfeito" coa partia prevista para Galicia no proxecto de Presupuestos Generales del Estado para 2018 en rolda de prensa o pasado 3 de abril. 


|

Rg Nota + Imaxen Almorzos Do 05 De Abril D. Xullo Torrado


Julioo Torrado, diputado do PSdG, acusou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de "defender ao seu partido" antes que á cidadanía galega ante uns Presupuestos Generales del Estado que tachou de "vergoñosos" para Galicia. Segundo o socialista "Feijóo cala sumisamente porque está en campaña de fuxir cara Madrid".


Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o parlamentario do PSdeG lamentou que os dous últimos anos son os únicos en que o investimento do Estado en Galicia "non pasa dos 1.000 millóns". "Mesmo nos anos de crises investiuse máis en Galicia", asegurou Torrado, que critica tamén que estas contas xa sitúen a chegada do AVE a Galicia en 2025.

"O Partido Popular promete pero non cumpre", sinalou o socialista, que considera que Feijóo debe facer unha "papeleta" para defender unhas contas que, na súa opinión, son "vergoñosas para Galicia".

Na súa intervención, Torrado tamén se referiu á actividade do Parlamento de Galicia. Sobre esta cuestión, considerou que debería "existir máis acordo" e cargou contra un PP "instalado nun autoritarismo moral pouco aceptable". "Nega sempre a realidade e afirma que todo está perfecto", indicou.

Así, puxo como exemplo a situación da sanidade galega e mostrouse especialmente crítico coa reforma da Lei de Saúde aprobada en solitario polo PP na Cámara. "O PP quere concentrar os servizos sanitarios nas cidades para facer menos investimento", advertiu.


O PARTIDO POPULAR, "SATISFEITO" COS PGE

O Grupo Parlamentario Popular mostrouse "satisfeito" coa partida prevista para Galicia no proxecto de Presupuestos Generales del Estado (PGE) para 2018 en rolda de prensa o pasado 3 de abril. O deputado do PP e presidente da Comisión de Fomento no Congreso, Celso Delgado, subliñou que Galicia recibirá "máis do 9,3%" do investimento total dunhas contas "extraordinariamente" sociais, que segundo o deputado, contribuirán á creación de emprego e ao crecemento económico. 


SITUACIÓN INTERNA DO PSDEG
Por outra banda, preguntado sobre a situación interna do PSdeG, Torrado asegurou que os "cambios sempre son lentos" pero subliñou que o Partido Socialista ten unha "presenza á alza" en Galicia e que traballa "nos temas relevantes". "Creo que agora mesmo damos a impresión de partido que articula unha alternativa sólida. É un partido que está a responder", manifestou.

Ademais, para as próximas eleccións municipais do ano que vén, Julio Torrado reflexionou sobre a limitación de mandatos. "Eu estou sempre a favor da renovación, pero a limitación de mandatos tampouco me parece acertada de seu porque non me parece lóxico limitar presentarse ás eleccións a alguén que ten apoio amplo dos cidadáns", apuntou.

relacionada ​Os orzamentos do Estado prevén un atraso do AVE ata 2025

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE