​Os orzamentos do Estado prevén un atraso do AVE ata 2025

A programación plurianual que acompaña aos orzamentos que o Goberno de España remitiu ás Cortes prevén o fin do tramo entre a Meseta e Ourense en 2025. A conexión de Ourense con Vigo estaría completa en 2026. Datas sorprendentes, dado que tanto Xunta como Executivo Estatal comprometéronse a que estaría listo, tras moitos atrasos, en 2019. Documento no interior.


|

A programación plurianual que acompaña aos orzamentos que o Goberno de España remitiu ás Cortes prevén o fin do tramo entre a Meseta e Ourense en 2025. A conexión de Ourense con Vigo estaría completa en 2026. Datas sorprendentes, dado que tanto Xunta como Executivo Estatal comprometéronse a que estaría listo, tras moitos atrasos, en 2019. 



PGE2018 GALICIA PAGINA INVERSION AVE


Concretando cifras máis aló do prazo anunciado, a liña Olmedo-Lubián-Ourense recibiría 20.237.000 euros en 2020. A liña Ourense-Vigo por Cerdedo, 119 millóns en 2021.


O PSOE DI QUE É FROITO DO PACTO CON CIUDADANOS


Ante estes datos oficiais, o secretario xeral do PSdeG denuncia a “non execución” do goberno de Rajoy. Gonzalo Caballero denunciou en rolda de prensa este mércores que o AVE a Galicia “está esquecido das prioridades da dereita”.


Na súa opinión estamos ante “unha labazada a Galicia”, á que “só se lle permite” un incremento dos 1,3% fondos que recibe pese a que a contía global crece un 17%.


“A torta aumenta un 17% e o anaco de Galicia só un 1%”, evidenciou o líder dos socialistas galegos para ilustrar a “perda de posición relativa” de Galicia fronte ao resto de autonomías. E este feito, como sinalou, poñen ás claras que Feijóo “non ten nin forza nin interese” en defender á súa comunidade mentres “o pacto de Cidadáns con Rajoy marxina a Galicia”.


O “desgusto” do PSdeG con estas contas, en palabras de Gonzalo Caballero, vese agravado ao ter en conta que “o goberno do PP executa moi por baixo do que orzamenta”. Así sinala que nos últimos catro anos non gastou máis de 2.000 millóns de euros que estaban consignados para Galicia.



Visita de López-Chaves e Bas a un foco de verteduras incontroladas

O responsable da Xunta en Vigo visita as obras do AVE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE