Como podemos ver o abandono do rural por un número crecente de familias non é un fenómeno natural froito da modernización senón que é o "efecto colateral" dunhas políticas públicas que apostan polos intereses do gran capital: si analizamos todas e cada unha das políticas citadas - eucaliptización, hospitocentrismo, privatización de servizos públicos, construción de grandes vías rápidas...- vemos que detrás de todos e cada un dos casos están os intereses das maiores fortunas -propietarios, directivos e accionistas de bancos, fondos de investimento, multinacionais, grandes construtoras....-. Arracando eucaliptos en Tourón nunha acción de as brigadas deseucaliptazadoras
"O señor Ábalos é especialista en inventar escusas cando se atopa en problemas. As peticións galegas son claras, están recollidas por escrito e non figura un AVE con sistema ASFA en ningunha delas" , reacciona inmediatamente o Goberno Galego ás duras acusacións do ministro, que chegou a relacionar as supostas présas de Feijóo co accidente do Alvia en Angrois, onde non estaba implementado o sistema de mellor seguridade que si tendra os novos tramos.
O ministro de Fomento responde aos que piden a súa dimisión ao fío da reunión coa viceministra do chavismo que "eu vin para quedarme e non me bota ninguén". Sobre as acusacións de malabarismos con o AVE, lémbralle a Feijóo que o Tribunal de Contas narra como a maioría dos atrasos producíronse na era de Rajoy.
Horas extras sen medida -nun caso máis de 110 ao mes- e continuos accidentes laborais. Esta é a realidade dos obreiros que traballan arreo para que a alta velocidade chegue nos prazos comprometidos. Unhas obras na que morreu este mes un operario, o noveno na historia do AVE a Galicia. Hoxe os proletarios mobilízanse para denunciar a súa precaria situación.
Como explicou a CIG a Galiciapress esta semana, os obreiros -moitos portugueses- das obras públicas traballan a miúdo en pésimas condicións. Hoxe un novo accidente laboral cobrouse a vida dun operario tras o envorco dun camión. "Aos poderes políticos o único que lles interesa son os prazos", quéixase o sindicato.
O PP españól bloqueou no Congreso varias veces que Galicia xestionase a Autoestrada do Atlántico. Os seus orzamentos contemplaban xa un atraso na chegada do AVE. O presidente da Xunta buscará hoxe arrincarlle a goberno do PSOE os avances que o goberno do seu partido non lle concedeu.
A programación plurianual que acompaña aos orzamentos que o Goberno de España remitiu ás Cortes prevén o fin do tramo entre a Meseta e Ourense en 2025. A conexión de Ourense con Vigo estaría completa en 2026. Datas sorprendentes, dado que tanto Xunta como Executivo Estatal comprometéronse a que estaría listo, tras moitos atrasos, en 2019. Documento no interior.
Un deses tramos pertence ao da Alta Velocidade a Galicia, entre Zamora e Pedralba
Conectará a liña de alta velocidade co trazado actual ata que estea lista a variante exterior na cidade.