Co de hoxe xa van 9 mortos no AVE mentres "aos políticos o único que lles importa son os prazos"
Como explicou a CIG a Galiciapress esta semana, os obreiros -moitos portugueses- das obras públicas traballan a miúdo en pésimas condicións. Hoxe un novo accidente laboral cobrouse a vida dun operario tras o envorco dun camión. "Aos poderes políticos o único que lles interesa son os prazos", quéixase o sindicato.
Como relatou a CIG a Galiciapress esta semana, os obreiros -moitos portugueses- das obras públicas traballan a miúdo en pésimas condicións. Hoxe un novo accidente laboral cobrouse a vida dun operario tras o envorco dun camión. "Aos poderes políticos o único que lles interesa son os prazos", quéixase o sindicato.
Obras na constucción do AVE
O obreiro morreu esta mañá de Laza tras envorcar o camión co que se atopaba traballando nas obras do AVE.
Tras coñecerse o accidente, un representante da CIG -que recentemente alertara neste diario das condicións nas obras- arremeteu duramente contra a Administración, ás que acusou -en declaracións a Radio Nacional de España- de "mirar para outro lado" e de pasarse a pelota dunhas administracións a outras.
"Aos poderes políticos o único que lles interesa son os prazos de finalización", protestou o sindicalista. A central prepara xa unha denuncia pola vía xudicial.
"De entrada considérase un accidente laboral", recoñeceu esta mañá o delegado do Goberno. Javier Losada afirmou que un xulgado xa está a investigar o sucedido. O político apuntou ao envorco dun bolquete como orixe do sinistro. O delegado trasladou publicamente as súas condolencias á familia.
CIRCUNSTANCIAS DO ACCIDENTE
Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 11,00 horas da mañá deste mércores no túnel do vertedoiro de Prado, na estrada que une Laza e Vilar de Barrio.
En concreto, o operario atopábase recollendo cascallos das obras do AVE e baleirándoos no vertedoiro cando o camión que manexaba envorcou, deixándoo atrapado.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Verín, do GES de Laza e da Garda Civil, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense, que só puido confirmar o falecemento do home. De feito, os Bombeiros tiveron que intervir para liberar o seu corpo, que quedara atrapado na cabina.
O falecido, I.B.G., tiña 60 anos e era natural de Terroso, no municipio de Vilardevós, aínda que residente en Ourense, segundo informaron desde a Garda Civil.
Escribe o teu comentario