Os traballadores do AVE protestan ante os constantes abusos

Horas extras sen medida -nun caso máis de 110 ao mes- e continuos accidentes laborais. Esta é a realidade dos obreiros que traballan arreo para que a alta velocidade chegue nos prazos comprometidos. Unhas obras na que morreu este mes un operario, o noveno na historia do AVE a Galicia. Hoxe os proletarios mobilízanse para denunciar a súa precaria situación.


|


Horas extras sen medida -nun caso máis de 110 ao mes- e continuos accidentes laborais. Esta é a realidade dos obreiros, moitos portugueses, que traballan arreo para que a alta velocidade chegue nos prazos comprometidos. Unhas obras na que morreu este mes un operario, o noveno na historia do AVE a Galicia. Hoxe os proletarios mobilízanse para denunciar a súa precaria situación.



Obras ave cig


Traballadores das obras do AVE na comarca de Verín (Ourense) protestarán este venres, día 19 de outubro, contra a "concentración de accidentes" nas obras polas "precarias" condicións laborais que caracterizan ao sector.


Diso informou a CIG nun comunicado, no que pon como exemplo destas "precarias" condicións unha sentenza ditada o pasado día 8 de outubro polo Xulgado do social número uno de Ourense contra varias empresas que deberán pagar conxuntamente a un traballador a contía de 10.793 euros por realizar 1.168 horas extra en 10 meses.


"Contratan a un traballador para que traballe a xornada que lle corresponde a dúas, pero pagan un só salario", denuncia o sindicato tras o fallo xudicial que condena á UTE Portocamba, a Revestimientos Túneles e Encofrados S.L., a Sacyr S.A., a Río Vale Construción e Obra Pública S.L., a Cavosa Obrasy Proyectos, S.A., e a Construciones Mariano López Navarro.


O sindicato nacionalista denuncia que, ante esta situación e a pesar das súas advertencias, la Administración faga "oídos xordos" ante este "grave problema". "Non só mira para outro lado, senón que, por encima, atrévese a mandarnos subdelegados para celebrar o avance das obras, como ocorreu o pasado día 15 de outubro na persoa do Director xeral de Construción de Adif, tan só cinco días despois da morte dun traballador nun accidente laboral", critica o sindicato.


En concreto, as concentracións terán lugar ás 12,00 horas ante o Concello de Verín e ás 12,45 horas no tramo de túnel de Cerdedelo, no Concello de Laza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE