Unha persoa falecida nun accidente de tráfico que deixa outras dúas persoas feridas en Vilagarcía
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse ao fío das 23.00 horas deste venres e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas tras unha colisión entre dous vehículos na rúa de Vos Martices, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse ao fío das 23.00 horas deste venres e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.
Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Santiarias de Galicia-061, que confirmaron o falecemento dunha persoa e outras dúas foron evacuadas ao hospital.
No operativo tamén participou a Garda Civil, a Policía Local e o persoal de Emerxencias de Vilagarcía.
Escribe o teu comentario