Unha cesión de soberanía obrigada polo minifundismo e a debilidade económica municipal. Velaí que ao PPdeG e a maioría dos partidos políticos galegos interéselles manter esta estrutura provincial porque, a través das Deputacións, teñen o control político dunha parte moi importante dos concellos e do electorado.
A líder do BNG asegurou que grazas a esta manifestación ver que "emerxe unha cidadanía con conciencia" que "lle está parando os pés ao PP"
"Dicir que nada se fai e que todo empeora é simplemente un cálculo electoral", asgura Rueda
Abriu a porta á nova estratexia o señor Miguel Pillado, vicesecretario de Organización do PP, quen declaraba ilexítimo ao goberno español de quenda (#PSOE/#PP)
Ferrol é a única cidade en que a enquisa de Sondaxe deste domingo dá unha maioría ao Partido Popular, aínda que os conservadores tamén parecen con opcións en Lugo e Ourense. No resto de cidades o máis probable é que non haxa cambios e siga habendo gobernos de esquerdas.
A moza levaba máis dunha década limpando casas e como empregada doméstica no domicilio da denunciante sen cobrar ningunha clase de salario
O Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de outubro outorga unha estimación do voto do 0,6% ao BNG ante unhas eleccións xerais. A formación nacionalista sobe neste apartado unha décima en relación ao 0,5% que lle daba o Barómetro de setembro, aínda que o habitual é que se sitúe nesa pinza do 0,5% ou 0,6%.
onde o Goberno está aprobando medidas de moi alto calado en pro dunha maior igualdade pero que son criticadas e rexeitadas por estas dereitas e os seus medios a pesares de que teñen un crecente recoñecemento a nivel internacional.Unha proba de este malestar é que son principalmente os ministerios que están aprobando estas medidas (Facenda, Igualdade, Dereitos sociais e Axenda 2030, Traballo, Sanidade), que casualmente están dirixidos por mulleres (Maria Jesús Montero, Irene Montero, Ione Belarra, Yolanda Diaz, Carolina Darias), os que ultimamente reciben os ataques mais duros e desapiadados destas dereitas e os seus socios mediáticos e xudiciais.Ataques que poñen en evidencia como o que realmente lles preocupa son as políticas públicas que favorecen as clases de rendas medias e baixas e as colectivos mais desfavorecidos por que procuran unha maior igualdade. Neste escenario é onde o Goberno de quenda (PSOE/UP) debera situar o debate político, intensificando e ampliando esas políticas públicas (emprego, benestar social, igualdade, medio ambiente), si quere gañar as vindeiras eleccións xerais (2023). Arquivo: Presidente do Goberno de España
Porque sen a cobertura dunha maioría absoluta parlamentar, dun regulamento feito a medida e unha prensa subvencionada que magnifique os logros e oculte os recorrentes erros e trolas -como sucedía en Galicia- o señor Feijoo camiña no escenario político español, tal e como sinalaba nun artigo anterior neste mesmo medio, lixeiro de equipaxe. Así o demostran, a pesar do curto espazo de tempo transcorrido dende o seu nomeamento como portavoz do Partido Popular (PP), os recorrentes e gordos patinazos, como por caso reclamar unha baixada de impostos cando ninguén, nin sequera o FMI, o defende, ignorar que os traballadores fixos descontinuos non computan como desempregados, confundir a prima de risco cos tipos de xuro, mentir sobre o número de afiliados a seguridade social e sobre a reforma educativa, descoñecer que causa a actual inflación, ignorar a excepción ibérica aprobada pola Comisión Europea para os prezos da enerxía..etc.Uns patinazos que reflicten un comportamento frívolo e impropio dun portavoz da oposición, pero que de continuar contribuirán tanto a cuestionar o seu liderado no Partido Popular (PP) como a fortalecer a Vox. El Presidente del Paritdo Popular - Alberto Núñez Feijóo
Cando continua o goteo de casos de corrupción por actividades pasadas (Gurtel), ao tempo que aparecen outros máis (un novo pelotazo madrileño polo reparto de comisións millonarias na venta de máscaras), tamén con destacados responsables do Partido Popular implicados (señora Ayuso e señor Almeida), a reacción do señor Feijóo é a mesma ca que tivo o señor Rajoy fronte a corrupción ("ese señor do que vostede me fala"). A mesma reacción tívoa fronte as fundadas sospeitas dun trato de favor na adxudicación de decenas de contratos por parte da Xunta de Galicia a unha sociedade onde traballa unha familiar moi próxima. A actitude de mirar para o outro lado: nada novo na equipaxe. Finalmente, quería subliñar que non deixa de producir certa sorpresa que, nos seus primeiros movementos en materia de política internacional, o candidato adopte unha posición política semellante á do señor Casado que consistiu en criticar sistematicamente ao Goberno nas instancias e foros internacionais. Unha posición que, como é ben sabido, resta credibilidade tanto en Europa como cuestiona a talla de estadista de quen a mantén. Velaí algunhas das razóns que nos levan a subliñar por que na súa nova etapa política, agora como líder da dereita española, o señor Feijóo está a aparecer como un político lixeiro de equipaxe.
Finalmente, non se debe perder de vista o impacto que nesta última crise interna do Partido Popular ten a evidencia de que o goberno español de quenda (PSOE, UP), mal que ben, vai gobernando e tirando para adiante.
O PP áchase inmerso nun conflito marcado polas acusacións mutuas de Casado e Ayuso: o presidente dos populares acusa a Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidad de Madrid, de favorecer á empresa na que “traballa” o seu irmán coa compra dunhas máscaras.
Horas decisivas no futuro da cúpula do Partido Popular. Con miles de afiliados e simpatizantes ás portas da sede nacional do partido, a marxe de manobra do secretario xeral, Pablo Casado, é cada vez máis reducido. Díaz Ayuso gañoulle o pulso na rúa, mentres que o núcleo duro dos baróns, liderados por Feijóo, cuestiona cada vez máis o seu liderado.
O que era un conflito interno de portas cara adentro xa non o é. Estala a guerra civil no PP e parece que só un pode sobrevivir un dirixente tras a magnitude das filtracións e das acusacións das últimas horas.
Tanto os últimos resultados electorais como as diferentes enquisas poñen en evidencia que a estratexia de crispar o debate político que vén seguindo o Partido Popular, co señor Casado como primeira espada, a quen realmente favorece é a Vox, que atopa nesa estratexia o seu espazo natural que, por outra banda, non ten que construír porque llo dan feito.
O expresidente do Goberno de España, o popular Mariano Rajoy, acode este luns ao Congreso para prestar declaración pola operación 'Kitchen'. É o último dos citados e, segundo as súas propias palabras, acode á audiencia disupuesto a contestar as preguntas dos deputados. Con todo, sostén que nunca estivo co comisario Villarejo.
A crise de Goberno case permanente que vive a coalición PSOE-Unidas Podemos vénlle de perlas a o PP
José Blanco é socio fundador da consultora, Elena Valenciano é senior adviser e Ricardo Cortés, director de desenvolvemento e innovación. Ademais, Guillermo Martínez, exconsejero de Presidencia en Asturias, será director xeneral da consultora.