Resultados provincia de Lugo: PP 8; PSOE 2 e BNG 4 con case o 100% escrutado
O PP queda con 8 deputados mentres que o BNG sobe un con respecto ao 2020.
A provincia de Lugo, con case o 100% escrutado ofrece como sorpresa un deputado máis para o BNG.
A lista do PP, encabezada por Elena Candia, obtén 8 deputados nestas eleccións, un menos que en 2020.
O BNG, encabezado por Olalla Rodil obtén 4 deputados, un máis que en 2020.
Por último, o #PSdeG-#PSOE encabezado polo candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, non superou o teito dos 2 parlamentarios pola súa provincia.
Para seguir o reconto en directo, actualizado con cifras oficiais, basta con ir actualizando a portada de Galiciapress.
RESULTADOS CO 100% DE ESCRUTINIO
Escribe o teu comentario