Ángeles Vázquez acusa ao PSOE de "tentar defenestrar" os produtos galegos do mar con "fakes"

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, reivindicou que Galicia conta cuns produtos do mar "fantásticos" e un sector da pesca que traballa duro e que merece "respecto".


|

Varios dirigentes del partido popular saludan durante la XXVI Jornada Interparlamentaria Popular en ExpoOurense.
 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reivindicou o compromiso do PP galego e da Xunta cos produtos do sector primario e tamén do mar, unha actitude que contrapuxo cos pasos dados polo PSOE no marco da chegada dos pélets ás costas galegas.

Vázquez, moderadora da mesa sobre o 'Sector Primario e Desenvolvemento Rural' da Interparlamentario que os populares celebran en Ourense, reivindicou que Galicia conta cuns produtos do mar "fantásticos" e un sector da pesca que traballa duro e que merece "respecto".

"Esa pesca con eses produtos fantásticos que, nos últimos días, eses señores do Goberno, porque nós si que somos respectuosos e tratámolos de señores, tentaron defenestrar con imaxes irreais", reprobou, en relación a fotografías difundidas en redes sociais.

Precisamente, esta mesma semana o PPdeG denunciou "un armazón de manipulación dixital" que, á marxe de "atacar" a Alfonso Rueda, ao PP e á Xunta, danaría " a imaxe" de Galicia e dos seus produtos pesqueiros.

"Tomade esta noite pescado e marisco de Galicia", animou Vázquez aos asistentes á Interparlamentario popular, antes de esixir respecto para "agricultores, gandeiros e para a xente do mar". O seu traballo, advertiu, é duro, como para ter que soportar "que saian por aí con 'fakes'".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE