Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
O 18/02/2024, o PP consigue unha nova maioría absoluta na Galiza. O BNG sigue como segunda forza, cun aumento importante de votos, pero sin poder sacar do goberno o PP. A pregunta que nos facemos é si na sanidade, van seguir ca política de desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público ou si o PP, cos 70.000 votos que sacaron de máis que nas anteriores autonómicas, farán un cambio de estratexia na dinámica dos últimos anos.
De entrada, dous días despois das eleccións, o PP tomou dúas medidas “extrañas”: para diminuír o horario laboral dxs sanitarios, sin baixárlles o seu salario: van facelos “fichar”. A outra, é que se “penalizará” aos profesionais que teñan unha lista de agarda na súa consulta, de máis de 4 días… A todas luces, é unha situación vergoñenta, que un/ha profesional, que teña que asumir ós pacientes doutro profesional cando a administración do PP non xs substitúe, e que o penalizado sexa o propio profesional ó que lle devengarán do seu salario, a parte proporcional por non poder asumir todolos pacientes que lle “coloca” o sistema!
Estas medidas, van enriba doutras xá aplicadas, como a obrigatoriedade de realizar os sábados a mañán, de 8 a 15 horas, por 188 euros, que co 25% de desconto queda a 6,7 euros a hora de traballo: por ser responsable sanitario dunha poboación determinada, durante 7 horas de sábado, por eses cartos…As mobilizacións que se están producindo en toda Galiza, grazas ás Plataformas en Defensa da Sanidade Pública, poñen de manifesto as carencias dun sistema, que ten a mitade da poboación infantil sin Pediatra e unhas consultas masificadas e con listas de agarda interminables. O SERGAS, quere penalizar aos traballadorxs...non sendo culpa do/a profesional. Por que ten que pagar pola ineptitude da administración?
Galiza, ten as transferencias da Sanidade dende o minuto cero; preguntámonos, porque non se fai un estudo das carencias de profesionais: xubilacións, baixas, permisos, etc. e se sacan as prazas que son necesarias para cubrir esas vacantes? E de facelo, para que a xente se incorpore a ditas vacantes, por que non se regulan os salarios, a estabilidade laboral e o futuro profesional deses traballadores? O 04/03/2024, o SERGAS saca en DOG, a convocatoria, de 271 prazas de Médico de Familia para este ano. Preséntanse 604 Médicxs: é dicir, o propio sistema, déixa fora a 333 Médicxs que podrían incorporarse o traballo nos vindeiros meses...e siguen dicíndonos que “non temos médicxs”, cando é o propio SERGAS, o que déixa fora a Profesionais sin darlles unha praza para poder traballar e desmasificar as consultas colapsadas ata o infinito…
A CIG, sostén que a “Xunta, incrementa o salario do persoal facultativo que traballa na pública e na privada, ao aumentar o seu soldo que ata agora só retribuía como “dedicación exclusiva” na sanidade pública. O custo desta medida será dun millón de euros ao mes, un diñeiro que podría destinarse a financiar a sanidade pública, pero que se utilizará para "favorecer ós intereses" da privada. Con estas partidas, poderíanse reforzar os cadros de persoal, reducir as listas de espera e mellorar a calidade asistencial na sanidade pública”. En 10 anos, a Xunta pagou á sanidade privada máis de 2.000 millóns; os concertos achegan o 40% dos ingresos da privada. É ísto o que quere a xente que votou o PP?
Como e onde resolver o problema? O Consello Técnico de AP, constituído polo PP para frear a folga de TODA a Sanidade Pública, conseguíu desvirtuar o concepto de Mesa de Negociación... e creou 15 Comisións Técnicas. Elaboróuse unha información para ter a Carteira de Servizos de cada estamento e podríamos ter un Novo Modelo de AP si o PP quixera. Traballamos neste tema, 209 persoas, de diferentes ideoloxías, que chegamos a unhas bases protocolarias que permitirían resolver os problemas principais na AP: a falta de persoal e a falta de orzamento. Con estos mimbres, a solución é máis fácil...pero hai que querer...e o PP non quere!
Entre a ilusión do voto ao BNG e o medo ao cambio do PP: gañou o medo! Antes do 18/02/2024 dicíamos que “hai partido”, agora dicimos que “hai país, que hai futuro”.
Escribe o teu comentario