O PP de Ourense terá como secretaria xeral á alcaldesa de Bande, Sandra Quintas

Así mesmo, Luís Menor -- único candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense-- puxo en valor a súa condición de alcaldesa, o que "achega ese carácter municipalista, que é a base de todo o partido"
 


|

Sandra Quintas
Sandra Quintas/TVG

O candidato á presidencia do PP de Ourense, Luís Menor, avanzou que proporá no plenario do 19º Congreso provincial extraordinario do próximo 13 de xullo o nomeamento da alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, como nova secretaria xeral dos populares ourensáns.

Para Luís Menor, Quintas é a "persoa idónea" para o segundo posto en responsabilidade do PP ourensán, lembrando que xa ocupou a secretaría da xestora provincial desde a súa constitución, en novembro do ano pasado, e dirixiu as campañas electorais das autonómicas e as europeas.

O tamén presidente da Deputación de Ourense destacou a "inmensa capacidade de traballo" de Sandra Quintas, ademais de engadir entre as súas principais características "unha visión moi ampla do partido, o coñecemento que ten dos representantes populares que ocupan postos de responsabilidade por toda a provincia, e a súa experiencia na administración galega".

Así mesmo, Luís Menor -- único candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense-- puxo en valor a súa condición de alcaldesa, o que "achega ese carácter municipalista, que é a base de todo o partido".

Tal e como trasladaron os populares ourensáns nunha nota de prensa, Sandra Quintas, agradecida pola proposta, afirmou que traballará para "consolidar" o PPdeOu como "o partido de Ourense".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE