Panamá

Rodman admite que a ex-ministra Espinosa era directiva da súa filial en Panamá, aínda que di que ela nin o sabía nin nunca asinou nada
A empresa prevía que a sociedade se disolvería "de oficio" por ausencia de movementos e balance "cero"
Panamá suspende a firma na que Espinosa era directiva e o PP pide a dimisión da ex-ministra
O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu a reclamar o cesamento da concelleira socialista e exministra Elena Espinosa, pola súa suposta relación cunha sociedade 'offshore' de Panamá.
O nome da ex-ministra Espinosa figura no rexistro de Panamá como directiva dunha empresa que acaba de disolverse

A ex-ministra nega "categoricamene" ter "algo que ver" cunha sociedade en Panamá, pero o certo é que o nome de Maria Elena Espinosa aparece varias veces no rexistro mercantil do antigo paraíso fiscal como directiva á empresa Rodman Polyships International S.A. Así o puido comprobar hoxe Galiciapress consultando documentación oficial do Rexistro Público de Panamá na súa versión electrónica.

​Panamá multou ao grupo de Abanca por violar as normas sobre branqueo e financiamento do terrorismo

A intervención de Banesco Venezuela non é a primeira vez que o grupo matriz de Abanca é sancionado polas autoridades bancarias dun estado por saltarse as leis bancarias. Panamá, país coñecido non precisamente polo rigoroso do seu réxime financeiro, xa sancionou a banesco por “violacións do Réxime de Prevención de Branqueo de Capitais / Financiamento do Terrorismo” o ano pasado.

Atopan asasinado a un emigrante ourensán en Panamá

As autoridades cren que a morte foi violenta, pois apareceu amordazado, e sospeitan que o motivo do crime foi o roubo.

Correa sacou 150.000 euros de Venezuela esquivando o control do goberno

O líder da rede corrupta, que se forrou no país caribeño, enviou o diñeiro á súa conta en Panamá a través de intermediarios.

A Fiscalía non ve censurable que o xefe de Anticorrupción teña unha empresa nun paraíso fiscal

Finiquita sen expediente disciplinario a polémica que levou a dimitir a Manuel Moix antes do verán.

Moix di que renunciou ao seu cargo para protexer á súa familia e ao Ministerio Fiscal

Insiste en que a sociedade radicada en Panamá que herdou do seu pai "non supón ilegalidade nin irregularidade"

O fiscal xefe Anticorrución ten unha empresa nun paraíso fiscal

Unha información xornalística revela que o cuestionado Manuel Moix herdou a sociedade que está declarada a Facenda.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE