O nome da ex-ministra Espinosa figura no rexistro de Panamá como directiva dunha empresa que acaba de disolverse

A ex-ministra nega "categoricamene" ter "algo que ver" cunha sociedade en Panamá, pero o certo é que o nome de Maria Elena Espinosa aparece varias veces no rexistro mercantil do antigo paraíso fiscal como directiva á empresa Rodman Polyships International S.A. Así o puido comprobar hoxe Galiciapress consultando documentación oficial do Rexistro Público de Panamá na súa versión electrónica.


|

A ex-ministra nega "categoricamene" ter "algo que ver" cunha sociedade en Panamá, pero o certo é que o nome de Maria Elena Espinosa aparece varias veces no rexistro mercantil do antigo paraíso fiscal como directiva da empresa Rodman Polyships International S.A.


Así o puido comprobar hoxe Galiciapress consultando documentación oficial do Rexistro Público de Panamá na súa versión electrónica.


Elena Espinosa

A ex ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e hoxe concelleira en Vigo Elena Espinosa |EP


En concreto, a tenente de alcalde de Vigo aparece como "director" e "tesoureiro" desa empresa en dúas publicacións do rexistro oficial panameño. 


A primeira é na inscrición da filial de Rodman en Panamá  o 23 de xaneiro de 2005 (PDF/PDF), onde "María Elena Espinosa Mangana" aparece como "tesoureiro" e "director". A sociedade inscríbese a duración perpetua cun capital de 10.000 dólares americanos e está presidida por Manuel Rodríguez, presidente do estaleiro vigués. 



A segunda vez que aparece o nome da política é hai nada, o 25 de outubro. Entón o Rexistro procede á "anotación de disolución da persoa xurídica". O motivo é que a filial panameña leva anos figurando como "morosa" das taxas ao pagar ao rexistro. A Administración publicou en 2016 en nome da filial nunha lista de morosos que levaban 10 anos sen pagar. Como a falta de pagamento continúa tres anos despois, procedeu agora a esa "disolución".



De novo nese documento que agora parece poñer fin á vida xurídica da compañía (PDF/PDF) "María Elena Espinosa Mangana" figura como "director" e "tesoureiro".




EXPLICACIÓNS DA POLÍTICA

Os documentos citados confirman aspectos do adiantado esta mañá por OK Diario, que levantaron un gran rebumbio en Vigo, co  PP reclamando explicacións. A tenente de alcalde reaccionou rapidamente negando ante a prensa calquera vínculo con Panamá e enarborando a posibilidade de exercer accións legais contra o citado dixital. 


Galiciapress púxose en contacto co Gabinete de Comunicación do Concello de Vigo para remitirlle a documentación de o Rexistro Público de Panamá, por se Espinosa quería engadir algo máis ás súas declaracións. A política non fixo máis comentarios e o Gabinete lembrou que en 1995, cando se fundou a filial, Espinosa era presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo e non foi ata varios anos despois que traballou en Rodman.


Ademais, a ex-ministra alegou que Rodman remitiulle documentación das empresas do grupo á que estaba vinculada como apoderada cando traballou no estaleiro e que non hai rastro desa sociedade panameña. 


RODMAN ADMITE QUE TIVO UNHA FILIAL E QUE LLA PECHARON

Por outra banda, o estaleiro recoñeceu a OK Diario que abriu unha filial en Panamá en 2005, sen especificar se inscribiu a Espinosa como directiva ou non. Rodman tamén remitiu ao citado dixital documentación escrita da constitución da filial, na que non figura o nome Espinosa por ningún lado.


O seu nome si figura na información oficial do Rexistro á que calquera pode acceder a través de Internet. Entre a versión de Rodman e a do Rexistro Público de Panamá si hai outros que datos coincidentes. Por exemplo, a data de constitución e os nomes do presidente e do secretario da sociedade.


Rodman explicou que abriu a empresa para cobrar a entrega dunhas patrulleiras a Suriname. A empresa argumenta que abriu unha conta alí "con autorización das autoridades españolas a través do BBVA e practicamente non rexistrou ningún movemento, aínda que o que tivo consolidouse co balance de Rodman Polyships SAU do ano 2000 como investimento financeiro". 


O estaleiro confirma o que indica a documentación publicada por Galiciapress, que Panamá pechou de oficio a empresa ante a súa inactividade e a súa falta de pagamentos. Faio agora, tras un aviso previo/previo aviso en 2016, por levar desde entón 10 anos sen actividade e pagar taxas; o que apunta a que a filial só tivo actividade en 1995.


OPERAR EN PANAMÁ NON É ILEGAL, SE SE DECLARA

Ter empresas en Panamá ou facer negocios alí non é absoluto ilegal, nin sequera en 1995 cando o país era un dos principais paraísos fiscais do mundo. De feito, cientos de emigrantes galegos tiñan entón e teñen agora empresas en Panamá. 


A clave para manterse dentro da legalidade é comunicar á Facenda española eses negocios e tributar de maneira acorde, como Rodman di que fixo. En principio, non ten lóxica que unha empresa que pretendese burlar ao fisco español fundase unha filial en Panamá baixo unha marca que inclúe o nome da matriz, Rodman Polyships International S.A.


PANAMÁ XA NON É A SUÍZA DE LATINOAMÉRICA

Na actualidade, Panamá xa non está considerada como un paraíso fiscal oficialmente. É evidente que segue ofrecendo atractivos ou nulos impostos, pero xa non oculta a identidade dos directivos das empresas. De feito, o seu equivalente ao Rexistro Mercantil español é moi transparente, o que permite a calquera internauta seguir o rastro de todas as súas empresas alí, mesmo con datos de anos atrás. 


Pódese, por exemplo, acceder aos datos das compañías que no seu día operaron alí o narcotraficante Sito Miñanco e a súa familia. Panamá deu un gran salto adiante na súa transparencia estes últimos anos, despois de que o escándalo dos Papeis de Panamá confirmase que algunhas das maiores fortunas usaron ese estado para esquivar as súas obrigacións fiscais nos seus países de orixe.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE