Rodman admite que a ex-ministra Espinosa era directiva da súa filial en Panamá, aínda que di que ela nin o sabía nin nunca asinou nada

A empresa prevía que a sociedade se disolvería "de oficio" por ausencia de movementos e balance "cero"

|

Pódese inscribir a alguén como directivo dunha sociedade en Panamá sen a súa firma? Este é un dos fíos soltos que deixa a explicación dada polo estaleiro sobre a presenza, comprobada por Galiciapress, da hoxe concelleira viguesa nunha filial panameña. 


O estaleiro Rodman Polyships negou que crease unha sociedade 'offshore' en Panamá, na que a exministra e concelleiro socialista de Vigo, Elena Espinosa, figuraba como tesoureira, e recalcou que dita empresa era unha "filial" para negocios "puntuais" nese país, á vez que insistiu en que tanto o presidente da empresa, Manuel Rodríguez, como a propia Espinosa (que foi directiva no estaleiro), descoñecían que ela figurase na estrutura desa filial.


Elena Espinosa




Galiciapress accedeu no seu día ao Rexistro Mercantil de Panamá e comprobou que, efectivamente, o nome de Espinosa figuraba na documentación oficial:








O ASUNTO CHEGA AO CONGRESO

Así o trasladaron fontes da empresa a través dun comunicado, despois das críticas do PP e do anuncio de que deputados e senadores 'populares' preguntarán nas Cortes por esa suposta participación de Elena Espinosa nunha sociedade situada nun paraíso fiscal.

Respecto diso, Rodman Polyships puntualizou que "nunca" creou unha sociedade 'offshore' en Panamá, senón unha filial denominada Rodman Polyships International, rexistrada en 1995, con motivo das negociacións comerciais con ese país, así como con Suriname.


ASEGURA QUE INFORMOU A FACENDA

Como xa apuntou no seu día Galiciapress, o propio nome da filial, sinalou, denota que había unha "nula intención de ocultar" esa medida que, por outra banda, lembrou o estaleiro, "non é en absoluto ilegal, sempre que se comunique á Facenda española, como Rodman Polyships fixo". De feito, abundou, tratouse de negocios auditados e suxeitos a inspección das autoridades tributarias españolas.om


O estaleiro tamén recalcou que Rodman Polyships International se creou "de forma puntual" para eses negocios e que, desde a execución dos mesmos, non volveu a ter movementos.


Segundo precisaron no comunicado, os seus asesores legais en Panamá indicáronlles que, unha vez que non había movemento algún e o balace era "cero", o propio goberno panameño "de oficio" disolvería esa filial. 


E efectivamente así sucedeu. Tras pasar máis dunha década sen pagar as taxas, o Rexistro Público Panameño finiquitou a sociedade a finais de decembro. A morte formal da filial chego á prensa española e é o que reavivou a polémica estes días. Este é o documento final da inmatriculación, ao que accedeu Galiciapress:









NIN RODRÍGUEZ NIN ESPINOSA SABÍANO
Por outra banda, Rodman insistiu en que nin o presidente do grupo, Manuel Rodríguez, nin a propia Elena Espinosa, sabían que ela figuraba na estrutura do filial "tres anos despois, momento no que se produciu un cambio de tesoureiro na filial, por mor da súa saída da matriz".

De feito, a empresa recalcou que ese cambio foi levado a cabo polo seu representante legal en Panamá, pero "sen presenza de ningunha figura executiva" de Rodman. 


SI FIGURAN, PERO NUNCA ASINARON

"Ningún documento nese sentido conta coa firma de ningún dos dous", subliñaron desde o estaleiro, e engadiron que Elena Espinosa "nunca tomou posesión como tesoureira desta filial, nin exerceu como tal, nunca tivo poderes na mesma, nin tan sequera foi convocada a reunión algunha en ningún momento".


CUESTIÓNS PENDENTES

Da explicación de Rodman quedan varias puntos sen aclarar do todo. O primeiro deles é evidente:  se en Panamá, por entón un paraíso fiscal, era posible inscribir directivos sen contar coa súa firma, ao contrario que España. 


En segundo lugar, porqué escolleuse a Espinosa para que figurase como tesoureira da filial panameña, cando era unha recentemente chegada ao grupo desde a Autoridade Porutaria de Vigo.  


Tamén por que Rodman, finalizado ese negocio puntual, deixou languidecer a filial durante dez anos sen tomar medidas activas para disolvela e desmatricularla. 


E por último, porqué non comunicou a Espinosa a súa presenza na documentación oficial panameña, máis cando anos despois retomou a súa carreira política, chegando a ser ministra de Agricultura e Pesca, o que logicamente obrigáballe a ser moi coidadosa e transparente coa súa participación en negocios.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE