A única boa noticia é que a curva da derivada de casos activos leva xa unha semana práticamente plana. Isto quere dicir que cada día que pasa a velocidade de crecemento de casos activos xa non aumenta. Noutras ondas, isto foi o primeiro indicador de que o pico estaba próximo.
A situación en preocupante a nivel galego, pero especialmente alarmante no sur, nos distritos de Ourense e Vigo. Sería necesario unha reflexión sobre se é lóxico organizar eventos masivos como a iluminación de Vigo ou os magostos de Ourense vista a situación.
Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:
Os últimos datos do Goberno de Galicia relativos á situación da pandemia nos centros escolares galegos confirma un brote nunha escola de Allariz, localidade que se atopa no nivel de risco máximo, cunha incidencia superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes nos rexistros a sete días.
Dentro do “Mare Magnum” de cousas que descoñezo sorpréndenme algunhas iniciativas tomadas por algúns políticos de Ourense. Neste caso concreto, non se trata de xulgar a idoneidade da medida, nin as circunstancias que puidesen rodeala, senón do esforzo que supón levala adiante.
Os casos activos superarán mañá os 1.000 e a incidencia semanal perderá o nivel de risco baixo antes de luns, salvo improbable milagre. A situación é especialmente grave en Ourense, que anda inmersa nas celebracións do magosto.
Os 106 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que a suba do covid continúa. Todos os indicadores de contagios seguen á alza cun incremento de diagnósticos moi alarmante, do 43% semanal, aínda que en parte débese a que o SERGAS triplicou as probas.
A auga, un elemento crítico para calquera estado do benestar que se prece, corre o risco de ser operada en España por fondos especulativos como EQT Partners cuxo obxectivo é conseguir grandes rendibilidades a curto prazo sen compromiso social nin ambiental nestes tempos de loita contra o cambio climático.
O problema é xeral, non só de Ourense. Non queda nin unha área activa cos casos activos baixando. Por exemplo, Ferrol chegou a ter só 5 casos activos e un lenta pero case ininterrompida alza eleva o cómputo a 162 hoxe.
Os casos activos dan un salto dun calibre inédito desde o pico da quinta onda, cun preocupante +48, procedente sobre todo dos concellos da Coruña e o veciño Oleiros. Nun só día creceron case un 10%.
Cambre, Coles, Castro de Rei ou Barbadás son outros concellos periurbanos que están en risco medio ou alto.
O alcalde de Ourense ve legal destinar as subvencións do seu partido para pagar facturas emitidas por el mesmo por contidos en Auria Televisión, unha emisora que non aparece como rexistrada nin como empresa nin como marca.