Covid municipios: alzas en Vigo, A Coruña e Ourense e forte crecemento en Ames e Ferrol

Cambre, Coles, Castro de Rei ou Barbadás son outros concellos periurbanos que están en risco medio ou alto.


|



No mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a tendencia á alza que sofre Galicia empeza a empeorar os niveis de alertas de varios municipios, principalmente urbanos ou das periferias das cidades.


É o caso de Ames, veciño a Santiago, onde o cómputo semanal chega hoxe a 10 diagnósticos elevando o risco a nivel medio, en laranxa no mapa.  Cambre, Coles, Castro de Rei ou Barbadás son outros concellos periurbanos que están en risco medio ou alto. 


O único concello cunha incidencia superior a 250 segue sendo Abadín, onde a Xunta advertiu de un brote de orixe familiar, aínda que parece que non creceu nos últimos días, pois o cómputo semanal leva tempo estancado en "entre 1 e 9". 





Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de  0, ; o que quere dicir que na última semana houbo un   % menos de positivos que na penúltima. 


Non hai ningún municipio con máis de dez positivos á semana e onde os positivos bajendo desde un punto de vista semanal, con razón de taxas inferior a 1. 


  • Barbadas -1



Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 


  • Barbadas 1,18
  • Vigo 1,26
  • Coruña (A) 1,37
  • Ourense 1,57
  • Ferrol 1,78
  • Ames 1,82



VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 


  • Ferrol +2
  • Coruña (A) +3
  • Ourense +5
  • Vigo +6



Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 




TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos é claramente á alza desde principios de semana. De todas as áreas, a curva de Ourense é a que reflicte unha escalda máis virulenta nos últimos días e xa é o segundo distrito con máis casos activos.




Así, as infeccións activas aumentan en cinco das sete áreas sanitarias: Ourense (+15), Vigo (+8), Pontevedra e O Salnés (+5), A Coruña e Cee (+2) e Ferrol (+2), mentres que descenden nas de Lugo (-2) e Santiago e Barbanza (-2).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense como a única que supera o centenar de casos, con 139; seguida da de Ourense, con 86; a de Vigo, con 81; Pontevedra e O Salnés, con 65; Santiago e Barbanza, con 63; Lugo, con 38; e Ferrol segue á cola, con 33. 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA


Os novos contagios de Covid-19 repuntan en Galicia a 60, que supoñen 27 máis que os 33 da xornada pasada, un máis que os 59 do mércores, tras arrincar a semana con 24 e subir a 43 o martes. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de 'nova normalidade'. 



Segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, redúcense a tres as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 --unha menos-- e a 22 as que se atopan noutras unidades convencionais --una menos--, mentres que 480 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, que xa non ten pacientes Covid en UCI --a xornada anterior contaba cun-- e tres noutras unidades --uno menos--; e na de Vigo, que se mantén sen críticos e rexistra seis ingresados en planta --uno menos--.

Por contra, aumenta lixeiramente na área de Santiago e Barbanza, que continúa cun paciente Covid hospitalizado en UCI e conta con catro noutras unidades --uno máis--.

As outras catro áreas mantéñense sen cambios. Así, a de Ourense segue sen pacientes Covid en UCI e con seis ingresados en planta; a de Lugo continúa cun en críticos e dous noutras unidades; e a de Ferrol cun en cada caso.

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo seu lado, mantense por segundo día consecutivo sen pacientes Covid ingresados, a única de Galicia que non rexistra hospitalizados. 

ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE