Covid municipios: disparado na área de Ourense en pleno magosto e Lugo cidade sobe a risco medio
Una das poucas boas noticias de hoxe é que Ferrol mostra indicios de empezar a mellorar. Non só o seu cómputo de positivos a 7 días leva xa dúas xornadas seguidas baixando, a súa razón de taxas é 0,95, o que quere dicir que os positivos caeron un 5% a última semana. Ferrol é a única cidade na que sucede ésto.
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que só Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo resisten en risco baixo. O resto de cidades está tinguido xa do laranxa do risco medio.
Máis escura aínda é a situación na maioría dos municipios das comarcas de Allariz, Celanova e Xinzo, que chegan aos magostos cuns niveis de positivos altísimos. De feito, os niveis de Allariz e Sandiás colocáronlles no punto de mira do SERGAS para un confinamento perimetral en pasadas fases da pandemia. Isto contribúe a que Ourense vueva a situarse como a área con máis casos activos, cun +30 hoxe.
Una das poucas boas noticias de hoxe é que Ferrol mostra indicios de empezar a mellorar. Non só o seu cómputo de positivos a 7 días leva xa dúas xornadas seguidas baixando, a súa razón de taxas é 0,95, o que quere dicir que os positivos caeron un 5% a última semana. Ferrol é a única cidade na que sucede isto.
Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,4 ; o que quere dicir que na última semana houbo un 40 % máis de positivos que na penúltima.
Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1:
- Ferrol 0,95
Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1:
- Vilagarcia De Arousa 1,16
- Ourense 1,21
- Coruña (A) 1,24
- Pontevedra 1,28
- Santiago de Compostela 1,30
- Lugo 1,32
- Oleiros 1,35
- Vigo 1,45
- Cambre 1,70
- Allariz 1,83
- Tui 2,00
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte:
Santiago de Compostela +1
- Cambre +5
- Coruña (A) +5
- Lugo +5
- Ourense +5
- Allariz +7
- Vigo +11
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- Ferrol -5
- Vilagarcía Arousa -5
- Pontevedra -1
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia de casos activos segue sendo á alza, ao redor dun 40% semanal. Ourense e A Coruña son as áreas que presentan unha curva de casos activos máis empinada, empeoramento rápido que tamén empeza a afectar a Vigo.
En concreto, as infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+30), seguida da de Vigo (+20), Lugo (+13), A Coruña e Cee (+10), Santiago e Barbanza (+7), Ferrol (+4) e Pontevedra e O Salnés (+2).
Por tanto, a área de Ourense sitúase á cabeza con 259 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 258; Vigo, con 146; Lugo, con 85; Santiago e Barbanza, con 85; Ferrol, con 82; e á cola colócase a de Pontevedra e O Salnés, con 78.
Segundo os datos actualizados na tarde deste pasado xoves polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 34,05 casos por 100.000 habitantes --a xornada anterior estaba en 31,57--, mentres que a media de España ascende a 67,07.
POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA
Nas últimas 24 horas comunicáronse
Escribe o teu comentario