A Xustiza tomba as cautelares que reclamaba o PSOE ás contas de Jácome para Ourense e DO celébrao
Segundo o xulgado "non existen motivos para acordar a suspensión do acto" a pesar da solicitude do PSOE ourensán para que se adoptasen medidas cautelares.
O alcalde auriense, Gonzalo Pérez Jácome, considera a sentenza, que evite a "paralización da cidade", "demoledora".
Jácome | Foto: EP
O Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Ourense denegou ao PSOE de Ourense as medidas cautelares que solicitara para "frear" a modificación de crédito aprobada polo Concello para mobilizar 62 millóns de euros en investimentos.
Segundo informou o municipio nun comunicado, o xuíz sinalou no auto que "non existen motivos para acordar a suspensión do acto, máis aínda cando, de adoptarse, o único que supoñería é unha auténtica parálise da actividade municipal e que se deixase de atender o pago de débedas contraídas polo Concello".
O xuíz indica tamén que "non hai razón para adoptar as cautelares solicitadas" porque "non se perde o control sobre o destino dos fondos municipais, senón que o único que se fai é liberar os mesmos para que poidan ser dispostos polo Concello".
A este respecto, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, expresou a súa satisfacción ante unha sentenza que cualificou de "demoledora", xa que "se evitou que o PSOE paralizase a cidade".
Escribe o teu comentario