Covid concellos: Ourense e Vigo é onde máis crece e Ferrol onde menos, no referido a cidades

Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 


  • Ferrol 1,09
  • Allariz 1,14
  • Coruña (A) 1,20
  • Trasmiras 1,25
  • Barbadas 1,33
  • Santiago de Compostela 1,38
  • Forcarei 1,39
  • Ourense 1,41
  • Lugo 1,44
  • Pontevedra 1,48
  • Vigo 1,54
  • Redondela 1,67
  • Nigran 1,71
  • Fene 1,72
  • Porriño (Ou) 1,76
  • Sanxenxo 1,82
  • Outeiro De Rei 1,83
  • Moaña 2,00
  • Salceda De Caselas 2,00
  • Silleda 2,00 



|


O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que, dentro del empeoramento en toda Galicia, a situación é máis grave no sur, nas áreas sanitarias de Ourense e Vigo. 


Hai días que xa non hai ningunha cidade en risco baixo. Todas están en risco medio (en laranxa no mapa), salvo Ourense que xa subiu a risco extremo. Ourense que, como siga así, a próxima semana entrará en risco máximo (en negro no mapa) ao superar unha incidencia de 250. Lembrar que ese era o límite que usaba o SERGAS para confinar un municipio antes da extensión das vacinas, confinamento que executaba case ipso facto no caso das urbes.


Son xa oito os municipios con incidencia superior a 250, todos, salvo Allariz, plenamente rurais: Lobeira, Vilar de Barrio, Pontedeva e Trasmirás na provincia de Ourense; Folgoso do Courel, As Nogais en Lugo e Forcarei en Pontevedra. Hai que ter en conta que os municipios menos poboados teñen niveis máis volubles, bastan un par de focos para elevalos ao peor dos niveis de risco. Pola contra, as cidades tardan máis en subir de nivel e tamén tardan máis en mellorar.






Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a contar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, polo que as cores do mapa se corresponde ao nivel actual  de alerta en semáforo covid para a incidencia acumulada en todos os concellos. 


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,43% ; o que quere saber que na última semana houbo un preocupante 43% máis de positivos que na penúltima. 


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1: 


  • Oleiros 0,68 


Municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están subindo desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: 


  • Ferrol 1,09
  • Allariz 1,14
  • Coruña (A) 1,20
  • Trasmiras 1,25
  • Barbadas 1,33
  • Santiago de Compostela 1,38
  • Forcarei 1,39
  • Ourense 1,41
  • Lugo 1,44
  • Pontevedra 1,48
  • Vigo 1,54
  • Redondela 1,67
  • Nigran 1,71
  • Fene 1,72
  • Porriño (Ou) 1,76
  • Sanxenxo 1,82
  • Outeiro De Rei 1,83
  • Moaña 2,00
  • Salceda De Caselas 2,00
  • Silleda 2,00 


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe respecto a ese total onte: 


  • Oleiros +1
  • Fene +2
  • Forcarei +2
  • Ferrol +4
  • Santiago de Compostela +6
  • Coruña (A) +7
  • Pontevedra +7
  • Lugo +8
  • Vigo +25
  • Ourense +31 


Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte: 


  • Allariz -1
  • Sanxenxo -1 


TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos segue sendo de un alarmante crecemento, pero sobre todo en Ourense e Vigo, cuxa curva se converteu case nunha parede vertical. Ourense chegou a ter menos de 40 casos activos a mediados de outubro. Pouco máis dun més despois ten 490 tras o +78 de hoxe. 




POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA




Nas últimas 24 horas comunicáronse 

ClElv incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (4)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE