Outro récord de positivos covid desde o verán pero hai indicios de que a alza pode fraquear pronto
Os 106 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que a suba do covid continúa. Todos os indicadores de contagios seguen á alza cun incremento de diagnósticos moi alarmante, do 43% semanal, aínda que en parte débese a que o SERGAS triplicou as probas.
Os 106 novos positivos por PCR comunicados hoxe confirman que a suba do covid continúa. Todos os indicadores de contagios seguen á alza cun incremento de diagnósticos moi alarmante, do 43% semanal, sobre todo na área de Ourense, aínda que en parte débese a que o SERGAS triplicou as probas.
Os casos activos seguen disparados e cun +63 hoxe superamos xa os 900. Con todo, o ritmo de ascenso non acelerou nos últimos días, o que é un indicio, moi tenue aínda, de que o empeoramento podería empezar a fraquear.
A incidencia acumulada semanal sobe de 19,6 a 21,9. Outros dous días máis con incrementos así e superaremos os 25 positivos por 100.000 galego. Entón deixariamos o risco baixo actual e entrariamos en risco medio, segundo o semáforo oficial de alertas de coronavirus, no referido á escala deste valor, o principal para analizar a pandemia. Parecemos destinados a perder o amarelo na gráfica e penetrarnos no laranxa.
A incidencia acumulada a 14 días tamén crece, de 291, a 30,7. Son xa 20 días de crecemento sen descanso. Aguantamos aínda en risco baixo e hai aínda hai marxe antes de chegar a risco medio.
O problema é que o dobre da incidencia a 7 días ( 43,8 ) é moito maior que a incidencia a 14 días ( 30,7). A razón de taxas é de 1,43. Por tanto, na última semana houbo un 43 % de positivos más que na anterior.
É unha verdadeira explosión de contagios. O que nos salva é que os niveis de transmisión de partida eran moi baixos. Para que nos fagamos unha idea, nin na quinta nin na terceira onda, as máis virulentas, chegamos a alcanzar velocidades de ascenso de máis do 40% semanal.
A taxa de positividade onte foi de o 1,53% e axúdanos a mantervos en nova normalidade porque a media semanal segue por baixo de 4%. En concreto no 1,7%. O SERGAS, preocupado polo empeoramento, está a facer moitos máis test. Pasamos dunha media semanal de 1.700 ao día a máis de 5.500. A consecuencia é que este indicador está controlado. Non hai escaseza de PCRs.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
O total de infectados ascende hoxe un 7,4%, o que é unha pésima porcentaxe. Sen embango, a media semanal, que é o índice que máis importa, dá un pasito na boa dirección e baixa, aínda que case nada, de 6,8% a 6,5%.
Isto é unha excelente noticia. Significa que, desde un punto de vista semanal, cada día que pasa xa non hai máis e máis casos activos, hai menos. Con todo, a baixada é moi leve e por agora puntual. Iso si, hai que estar moi atentos a este indicador porque sempre foi o mellor para estimar o rumbo da pandemia. Se empeza a consolidar a baixada que se intúe hoxe, significará que a alza actual empeza a perder brío.
En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +63, o maior salto na fase expansiva actual . O total é de casos activos é de 903. Esta semana ou a principios da próxima, salvo brusco cambio de tendencia, superaremos os 1.000.
DATOS POR ÁREAS
A Coruña (26) e sobre todo Ourense (41) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. A cifra de Ourense é verderamente alarmante. Supón case o 40% de todos os diagnósticos de Galicia. Ourense xa é a área con máis hospitalizados, 15, 2 deles en UCI.
CONCLUSIÓNS
Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:
- Os datos de hoxe son ambivalentes e difíciles de interpretar de maneira unívoca. Por unha banda é evidente que a subida de positivos é moi preocupante, porque un ritmo de crecemento do 43% é esaxerado, dos peores da pandemia. Como dixo o conselleiro de Sanidade o luns, salvámonos porque os valores de partida son moi baixos.
- Doutra banda, o dato de que cae a derivada do cambio de casos activos é un indicador moi esperanzador. Non se pode aínda lanzar as campás ao voo, pero esta serie está a dicirnos que a alza pode empezar a perder fol. Está por ver, porque xa hai uns días empezou a caer para case de inmediato volver subir, o que é un comportamento moi anómalo.
- O comportamento recente de as series estatísticas de positivos e casos activos son difíciles de comparar cos comportamentos pasados porque nas cifras recentes hai un distorsión considerable, provocada polo acelerón de PCRs no SERGAS.
- En pouco máis dunha semana a Xunta triplicou a cantidade de probas. É evidente que a Administración está a tentar controlar o crecemento para que non se converta nunha onda como noutras partes de Europa. Unha consecuencia é que a alza dos contagios adquire un ritmo alarmante. Con todo, o feito de que a taxa de positividade non creza e o citado indicio observado na derivada de casos activos dános esperanzas de que é posible controlar esta subida relativamente pronto.
Escribe o teu comentario