Risco alto de covid para Galicia moito antes de Nadal se segue esta rapidísima subida da 6ª onda


A única boa noticia é que a curva da derivada de casos activos leva xa unha semana práticamente plana. Isto quere dicir que cada día que pasa a velocidade de crecemento de casos activos xa non aumenta. Noutras ondas, isto foi o primeiro indicador de que o pico estaba próximo.


|



Os 498 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a segunda peor cifra desta sexta onda. Todos os índices seguen cunha forte tendencia á alza.


A única boa noticia é que a curva da derivada de casos activos leva xa unha semana practicamente plana. Isto quere dicir que, a cada día que pasa, a velocidade de subida de casos activos xa non aumenta. Noutras ondas, isto foi o primeiro indicador de que o pico estaba próximo.


Por zonas a situación segue sendo especialmente preocupante en Ourense e Vigo. As dúas revasan hoxe os 1.000 casos activos. Hai un mes aproximadamente Vigo non chegaba a 80 e Ourense non chegaba a 40. Unha verdadeira explosión de contaxios que aínda continúa.






incidencia acumulada semanal  sobe de  85  a 92 positivos por cada 100.000 galegos  . Hai que remontarse ao 1 de xullo para atopar un valor tan alto.  De acordo a o novo semáforo covid aprobado onte polo Ministerio, este índice está en nivel de risco medio. Subiría a risco alto se superásemos os 150. Con saltos como o de hoxe, superariamos esta barreira en pouco máis dunha semana.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece moitísimo. Un salto de máis de 13 puntos elévaa ata 131.  Continuamos en risco medio pero a tendencia á alza é moi alta, nuns dez días triplicamos este índice.


O dobre da incidencia a 7 días (184 ) é moito maior que a incidencia a 14 días (131  ).Sabemos pois que na última semana houbo máis positivos que na penúltima. 


Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,43% , por tanto na última semana houbo un 43 % de positivos más que na penúltima. Fai xa  unha semana que nos movemos en valores altísmos, nunha pinza de 40%-46%. 


A única boa noticia é que ese 46% foi fai xa cinco días, o que nos dá esperanzas de que índice, que mide a velocidade dos contaxios, tocase teito.



A taxa de positividade onte foi de o  4,25 % . A media semanal (4,1%) sitúanos en risco baixo neste indicador, pero sufrindo unha lenta e constante subida.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 11%.  Isto axuda a que a media semanal, que é o índice máis importante dos dous, siga practicamente plana, cae de 10,7% a 10,5%.  


Este índice sempre foi o mellor para estimar o rumbo da pandemia. Vemos que a súa curva leva xa máis dunha semana sen subir de maneira notable, mesmo cunha lixeira tendencia á baixa. Se nos fiamos polo histórico das anteriores ondas, isto querería dicir que a onda alcanzou a súa máxima velocidade e xa non acelerará máis, o seu pico estaría próximo.




Unha afirmación que, lamentablemente, temos que deixar en mera hipótese. Ao non haber restricións significativas agora, o comportamento das ondas pode ser diferente, pois as restricións xogaron un papel crave en fases anteriores para acelerar a chegada do pico.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +397 . O total é de  casos activos é de 3.970 . En dúas semanas multiplicáronse case por catro.

 

DATOS POR ÁREAS

Moi alarmante a cifra de novos contaxios comunicada por Vigo, 160. É o récord de todos os distritos sanitarios nesta onda.  Ourense (102) é a outra área que volve superar os 100 positivos semanais. 


A boa noticia é que a presión sobre as UCIs segue sendo moi modesta grazas á vacina. Hai 13 pacientes críticos e nunha área, Lugo, ningún. A que si xa está a subir moito é a presión sobre as plantas convencionais. Hai case 100 pacientes hospitalizados en planta, 25 en Ourense, onde primeiro estalou esta sexta onda grazas á xolda dos magostos.

  


Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


CONCLUSIÓNS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia continúa gañando terreo. Faio ademais a unha velocidade elevadísima. De feito, xamais se expandiu a tanta velocidade durante tanto tempo desde que hai datos fiables, o que exclúe a primeira onda. Isto non é sorprendente, se pensamos que nas outras ondas sempre houbo restricións de certo grao e agora non hai practicamente ningunha.
  • Por que non estamos aínda ante unha crise tan grave que forzase a imposición de restricións serias? Polas vacinas. De non ser así o SERGAS iría camiño do colapso en cuestión de semanas. Son as vacinas as que están a permitir que a economía non volva sufrir un durísimo golpe.
  • As vacinas están a ser extraordinariamente eficaces para limitar a cantidade de mortes e a cantidade de pacientes críticos. Por exemplo, no mellor momento tivemos 9 pacientes críticos. Pasou máis dun mes de sexta onda e aumentaron, pero só ata 13.
  • As vacinas están a ser moi eficaces para limitar a cantidade de pacientes hospitalizados. Para limitar os contaxios non están a ser tan eficaces, axudan pero parece que non o suficiente para que podamos conquistar a inmunidade de grupo nin sequera con máis do 85% da poboación vacinada, como ten Galicia.
  • Coa actual progresión, o indicador principal para medir os contaxios, a incidencia semanal, entrará en nivel de risco alto dentro de 8 ou 9 días. É dicir, chegariamos a nadal con moita poboación contaxiosa, o que podería supoñer unha nova explosión de contaxios no principio do ano, como xa sucedeu en xaneiro. 
  • Por iso o lóxico sería tentar trabar agora o crecemento con restricións moderadas, antes de que o efecto multiplicador do nadal obrigue a impoñer restricións moi severas, como as xa vixentes noutras partes de Europa. 

    KqL4q  b incidencia acumulada a 7 d as en galicia b



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE