O xogo chega a Galicia como unha versión do Pauralògic, desenvolto por Pere Orga para RodaMots a partir dunha idea de Jordi Palau e que ten enganchada a media Cataluña.
O gasto en publicidade da industria do xogo rexistrou un crecemento de dobre díxito ao longo do pasado ano a pesar do retroceso xeral do gasto en márketing en España En 2019 en conxunto, o gasto en publicidade de xogos e apostas creceu un 10,6% ata rozar os 146 millóns de euros, como se desprende da sexta edición do Ou bservatorio da Publicidade en España, auspiciado pola Asociación Española de Anunciantes.
O aumento dos casos de ludopatía en Galicia está estreitamente ligado coa proliferación dos locais de xogo que nos últimos anos poboaron os pobos e cidades ao longo e ancho da xeografía galega. Casas de apostas, máquinas de apostar en bares, portais online...cada vez son máis as opcións de xogo, que se move nun marco legal que aínda non terminou de definirse.
Integrantes da plataforma Compostela Sen Apostas presentaron este luns a manifestación que o vindeiro mércores acollerá a Alameda de Santiago para reclamar o "peche das casas de apostas" e a "prohibición do xogo online", así como unha alternativa de "lecer digno" para os mozos.
Hai quen cre que é capaz de inventar cousas que aínda non existen, xente que desborda ideas para solucionar calquera problema que se lles expoña. Algunhas destas persoas materializan as súas ideas, ou tratan de facelo, aínda que a maioría quedan nas palabras ou non chegan nin a expresarse.