Novas manifestacións contra as casas de apostas

A plataforma 'Fóra Casas de Apostas' convocou o día 14 unha concentración na Coruña para demandar o peche destes locais e medidas lexislativas a este respecto, segundo informaron.

|

O ministro Garzón planea restrinxir a publicidade de apostas nos medios de comunicación, unha medida que lle parece insuficiente ao colectivo galego 'Fóra Casas de Apostas'. Hai dúas manifestacións convocadas en Santiago e A Coruña.


A plataforma 'Fóra Casas de Apostas' convocou o día 14 unha concentración na Coruña para demandar o peche destes locais e medidas lexislativas a este respecto, segundo informaron. En Santiago, o colectivo Compostela Sen Apostas promove unha mobilización o día 19 de febreiro ás 8:30 na Alameda.


Unha pasada manifestaciu00f3n de Fora as Casas de Apostas na Coruu00f1a en unha imaxe da súa Twitter

Unha pasada manifestación de Fora as Casas de Apostas na Coruña nunha imaxe da súa Twitter 


Será unha protesta convocada para as 19,30 horas na praza de Pontevedra e supoñerá a súa segunda mobilización, tras a celebrada o pasado 6 de outubro.


ARGUMENTARIO

Sobre as súas demandas, Antía García, membro da plataforma, explicou que reclaman "o peche das casas de apostas" e tamén a prohibición "online" deste tipo de xogos.

Respecto diso, recalcou que a plataforma considera insuficientes as medidas adoptadas hsata o momento e cuestionou, entre elas, a redución do horario en televisión ou radio. "Hai outras canles de publicidade", apuntou a este respecto reclamando que unha medida así sexa máis ampla.

Ademais da concentración, avanzou que levarán a cabo outras "accións a pé de rúa", ademais de charlas en institucións. O seu obxectivo é tamén solicitar o apoio doutras entidades sociais e que se xeren novas alternativas de lecer para os mozos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE