'Compostela sen apostas' pedirá este mércores o "peche das casas de apostas" que están "a levar á ruína aos mozos"
Integrantes da plataforma Compostela Sen Apostas presentaron este luns a manifestación que o vindeiro mércores acollerá a Alameda de Santiago para reclamar o "peche das casas de apostas" e a "prohibición do xogo online", así como unha alternativa de "lecer digno" para os mozos.
Integrantes da plataforma Compostela Sen Apostas presentaron este luns a manifestación que o vindeiro mércores acollerá a Alameda de Santiago para reclamar o "peche das casas de apostas" e a "prohibición do xogo online", así como unha alternativa de "lecer digno" para os mozos.
A cita será ás 20,30 horas do próximo mércores na Alameda de Santiago, onde os convocantes buscan "denunciar a expansión deste negocio que está a levar á ruína aos mozos".
"Ofrécenlles, sabendo que é mentira, grandes sumas de diñeiro", explicaron os integrantes da plataforma, para quen esta "non é unha opción de lecer digno".
En particular, denunciaron as estratexias publicitarias, nas que se empregan xogadores de fútbol ou persoas coñecidas para atraer clientes e "normalizar" esta actividade e, nesta liña, viron positivas as restricións á publicidade destes establecementos anunciadas polo ministro de Consumo, Alberto Garzón.
Con todo, afirmaron que non se tratan de pasos "definitivos", que deberían pasar polo peche de todas as casas de apostas e a prohibición do xogo online.
Este tipo de industria, criticaron, mete ao usuario nun "ciclo" do que "é moi difícil saír" e que o conduce "á pobreza". "É un modelo de negocio sostido na dependencia, que destrúe ás familias e ás persoas", resolveron.
Para finalizar, incidiron en que se trata de un sector "moi propicio para o machismo", no que a figura da muller emprégase "como un elemento de atractivo e un obxecto de consumo máis" para atraer a clientes masculinos. Por ese mesmo motivo, destacaron, tamén ás mulleres con problemas de ludopatía cústalles máis requirir axuda.
Escribe o teu comentario