​Nace ‘Pensatermos’, un xogo da Mesa para fomentar o uso do galego con diversión

O xogo chega a Galicia como unha versión do Pauralògic, desenvolto por Pere Orga para RodaMots a partir dunha idea de Jordi Palau e que ten enganchada a media Cataluña.


|

O xogo chega a Galicia como unha versión do Pauralògic, desenvolto por Pere Orga para RodaMots a partir dunha idea de Jordi Palau e que ten enganchada a media Cataluña.


O xogo é gratuíto e únese así á lista de retos lingüísticos que están a causar sensación na rede.


Pensatermos tw

Foto: A Mesa


Desde hai unhas semanas, a rutina de moitos inclúe desvelar a palabra do día en Wordle, un xogo que ademais de certa habilidade lingüística obriga aos participantes para afinar o enxeño. Co fin de dar un empuxón ao galego, desde A Mesa pola Normalización Lingüística presentaron este mércores o xogo ‘Pensatermos’, unha versión en galego do Pauralògic, xogo que está a arrasar en Cataluña, xurdido da cabeza de Jordi Palau e desenvolvido por Pere Orga para RodaMots.


'Pensatermos' é un xogo lixeiro e gratuíto para entreterse a calquera hora do día e que consiste en formar palabras a través de sete letras, sendo unha delas de uso obrigatorio. As palabras deben ter como mínimo tres letras e non ser formas verbais conxugadas, nin termos en plural”, comentan desde A Mesa. A puntuación varía desde un punto ata 18, dependendo do número de letras utilizado.


‘Pensatermos’ aterra na comunidade tras o éxito rexistrado en Cataluña, onde moitas persoas reclamaban á mesa unha ferramenta así para impulsar o uso do galego.


“Isto foi posible grazas á boa vontade dos seus creadores, que cederon o xogo para que se puidese traducir e adaptar á lingua galega. A base de datos coa que se forman as palabras foi unha contribución da Academia Galega e do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, que facilitaron de boa gana toda a terminoloxía que recollen os seus dicionarios”, agrega A Mesa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE