Aínda que Democracia Ourensá naceu como azoute do baltarismo, desde a chegada de Pérez Jácome á alcaldía auriense a sintonía entre DO e a Deputación ourensá, gobernada polo PP e Baltar grazas ao pacto que levantou a Jácome ao trono de mando, é cada vez maior. Así o recoñeceu o propio rexedor, quen afirma que nos primeiros días a relación entre as dúas forzas políticas foron “os de maior entendemento que nunca”.
O grupo municipal socialista esixe "a dimisión inmediata" do representante público e o alcalde auriense pediu desculpas polo que considera "un comentario non procedente" do seu secretario, Félix Álvarez.
O líder de Democracia Ourensá tirou de maquiavelismo para tratar de xustificar a súa viraxe, completado hoxe coa investidura de Manuel Baltar como presidente da Deputación. Jácome non fixo caso aos últimos chamamentos do PSOE e mesmo culpou aos socialistas de que DO traizoase a súa promesa. Iso, se, a lexislatura empeza xa con gretas internas -hai uns días dimitiu a concelleira Ana Isabel Bertólez- e externas -os deputados localistas non aplaudiron o discurso de Baltar como reproche ao PP por non aplaudir o de Jácome.
As traballadoras relacionaron a enorme precariedade que soportan co problema de envellecemento que sofre Galicia. O presidente reacciona prometendo contratos "estables, prorrogables por anos" de forma inmediata e adiantando que haberá máis diñeiro para as familias que teñan bebés, pero só para algunhas.
Baltar 2023 foi un dos eslóganes conservadores.Galiciapress púxose en contacto co Concello de Ourense para que Jácome puidese comentar o seu punto de vista sobre este novo vídeo, publicado por vez primeira.
Gonzalo Pérez Jácome aparcou o seu BMW na zona reservada para coches oficiais e sen ningún distintivo que probase que é do novo alcalde de Ourense. Este é o motivo polo cal a Policía Local multouno este luns, primeiro día laborable do seu mandato como alcalde, segundo informa varios informadores ourensáns.
Gonzalo Pérez Jácome alcanza o bastón de mando na cidade auriense despois de alcanzar un pacto co Partido Popular, perpetuando a saga Baltar á que prometeu derrubar.
Varios membros de Democracia Ourensá comunicáronlle esta mañá a Gonzalo Pérez Jácome que están en contra do 'cambio de cromos'. Así llo comunicaron fontes locais a Galiciapress este mediodía.
Democracia Ourensá adianta que non apoiará ao PSOE para a alcaldía de Ourense. Como os seus sete edís votarán a Jácome, se o PP da cidade apóiaos será alcalde e, a cambio, o partido localista confirma o seu xiro. Derrocar á distanía Baltar, como prometeu sempre, agora é "distinto". Visto ademais que Jesús Vázquez -o alcalde actual- acatará o que lle mande o PP, avanza moito a opción do 'cambio de cromos': DO gobernaría o concello, a pesar de ser o terceiro máis votado, perpetuando ao baltarismo na Deputación.
Democracia Ourensá quere un cambio de cromos, e como parece que o PSOE non está dispostos, ofrécello ao PP.
O presidente de la Xunta insistiu na súa proposta en que sexa a lista máis votada a que goberne e propuxo que o PSOE “que reclama gobernar na cidade de Ourense por ser a lista máis votada” deixe que a lista máis votada sexa a que goberne a Deputación de Ourense. De igual maneira, tampouco despexou as dúbidas que hai ao redor da súa candidatura para as autonómicas de 2020.
A Xustiza anula a compra do arquivo do diario A Rexión por parte da Deputación de Ourense. A sentenza obriga ao xornal para devolver 900.000 euros que xa cobrara da administración provincial que dirixe Manuel Baltar (PP).
Aprobouse a rebaixa do 10% do IBI para o próximo ano, a contrapartida que reclamara Democracia Ourensana para apoiar un crédito.
O alcalde de Ourense di ser consciente de que goberna "con 10 de 27" edís, pero reprocha que Jácome "fai dano á propia cidade".