​Non houbo sorpresas: Jácome abraza o baltarismo e é alcalde de Ourense

Gonzalo Pérez Jácome alcanza o bastón de mando na cidade auriense despois de alcanzar un pacto co Partido Popular, perpetuando a saga Baltar á que prometeu derrubar. 


|

Gonzalo Pérez Jácome alcanza o bastón de mando na cidade auriense despois de alcanzar un pacto co Partido Popular, perpetuando a saga Baltar á que prometeu derrubar.


JACOME VÍDEO BALTAR

Jácome, ante un cartel no que aparece Baltar, ao que prometeu derrubar 


Un pacto cociñado a lume lento, moitas dúbidas e receos pero catorce votos a favor. Ese é o resultado obtido por Gonzalo Pérez Jácome, investido alcalde de Ourense. O líder de Democracia Ourensá chega ao poder levantado polo PP ao que prometeu derrubar e selando un polémico acordo que permitirá a continuidade de Baltar á fronte da Deputación de Ourense.


Aínda que se barallou a posibilidade de que houbese un cambio de última hora, finalmente non houbo lugar para sorpresas. As contas foron claras: sete concelleiros dos populares e outros sete de DO foron suficientes para dar a Jácome o bastón de mando, que lle permite gobernar a cidade durante catro anos.


A decepción do PSOE de Villarino, forza máis votada con nove concelleiros, é dobre, xa que non só non pode gobernar a cidade, senón que o acordo dá vida á saga baltar, que quedará de novo á fronte da Diputacion. Jacome, pola súa banda, poderá acometer algúns dos seus proxectos anunciados en campaña, como a construción do parque acuático. 


WhatsApp Image 2019 06 15 at 17.21.49


Jácome asume o bastón de mando


"A Alcaldía é máis importante que producir unha substitución na Deputación", declarou o novo rexedor ourensán, quen chegou a proferir insultos e fortes críticas contra o goberno provincial de Baltar tanto nos últimos anos como na campaña para as municipais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE