A anulación da compra do arquivo da Rexión, novo atranco para a investidura de Baltar

A Xustiza anula a compra do arquivo do diario A Rexión por parte da Deputación de Ourense. A sentenza obriga ao xornal para devolver 900.000 euros que xa cobrara da administración provincial que dirixe Manuel Baltar (PP).


|

A Xustiza anula a compra do arquivo do diario A Rexión por parte da Deputación de Ourense. A sentenza obriga ao xornal para devolver 900.000 euros que xa cobrara da administración provincial que dirixe Manuel Baltar (PP).


Así o detallou hoxe o denunciante, o partido localista Democracia Ourensá (DO). Gonzalo Pérez Jácome insistiu que o material comprado xa estaba accesible ao público, tanto na bibloteca da urbe como na Cidade da Cultura de Galicia. DO tamén argumentou que o prezo total pactado, 2,7 millóns, era excesivo e prexudicial para as arcas públicas.



Gonzalo perez jacome


Jácome, de DO


O certo é que o Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense non anula a compra por estes motivos. Faio por unha cuestión formal, que podería resolverse noutra eventual compra.


En concreto, a Xustiza considera ilegal que un asesor de Manuel Baltar, Aurelio Gómez Villar, realizase funcións técnicas que lle están absolutamente vedadas". A compra tamén é nula por fraccionar irregularmente os pagos en tres anualidades de 900.000 euros, a primeira paga xa en 2017.


Nin a Deputación de Ourense nin o grupo de comunicación local valoraron por agora a resolución xudicial, contra a que cabe recurso. O contrato formalizouse en xullo de 2017 mediante o procedemento negociado sen publicidade.


Está por ver que impacto ten a sentenza nas negociacións para elixir o novo goberno provincial. Por agora, Democracia Ourensá (DO) parece descartar calquera entendemento co baltarismo.


Gonzalo Pérez Jácome mete presión a Cidadáns. O partido laranxa, cunha acta, podería ser, cunha abstención, o salvavidas de Manuel Baltar. "Que vai facer Cidadáns ante esta sentenza", "que furtou á provincia 2,7 millóns", preguntouse hoxe en rolda de prensa o líder de DO.


Como alternativa ao PP, Jácome apostou por un pacto a catro bandas; que sumase a PSOE, DO, Cs e BNG. O líder localista lembrou que estes catro partidos tamén teñen representación no concello da capital, onde poderían sumar.


Por agora o PP de Ourense non desvelou cal será o seu plan. Baltar parece disposto a gobernar en solitario, se Cs permite a súa investidura e non se suma ao pacto que propón Jácome.


As opcións de Baltar tamén minguan ao coñecerse que Cidadáns abriu hoxe a porta para negociar acordos de goberno a nivel local co PSOE. Ademais, o alcalde actual, Jesús Vázquez, parece que asumiu que gobernará o máis votado, os socialistas de Rafael Villarino, dificultando calquera 'cambio de cromos' entre DO e o baltarismo. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE