Primeira renuncia en Democracia Ourensá: a edil Ana Isabel Rabanales vaise por "dicrepancias internas"

A concelleira de goberno de Democracia Ourensá, Ana Isabel Rebanales Rodríguez, presentou a súa renuncia á acta de concelleira e ao seu cargo no concello de Ourense, debido "a discrepancias internas de organización", "estritamente de estratexia profesional concernente á concellería que dirixe". 


|

A concelleira de goberno de Democracia Ourensá, Ana Isabel Rebanales Rodríguez, presentou a súa renuncia á acta de concelleira e ao seu cargo no concello de Ourense, debido "a discrepancias internas de organización", "estritamente de estratexia profesional concernente á concellería que dirixe".


O alcalde de Ourense, Gonzálo Pérez Jácome, e o seu equipo. ARQUIVO.

Así o informou a través dunha comunicado Democracia Ourensá, a formación do alcalde Gonzalo Pérez Jácome --que goberna con 7 concelleiros--. O partido explica na súa información que Ana Isabel Rebanales é "un dos valores máis importantes en DO e sempre contará con ela para o futuro do partido pola súa alta capacidade e competencia, tanto política como profesional".

Neste sentido, "mesmo" expón que DO estaría aberto a contar con Rebanales como "posible persoal de confianza en calquera momento ou lugar". "De feito, DO sempre confiou en Ana Isabel", recolle o comunicado, no que o partido de Jácome lembra que Rebanales fora candidata ao Parlamento de Galicia en 2016 por DO.

Con todo, atribúe a súa marcha ás "diverxencias e puntos distintos de vista sobre como encarar este mandato ao mando da Concellería de comercio e seguridade cidadá", como "factores decisivos para que Ana Isabel decidise non continuar á fronte do equipo".

Democracia Ourensá conclúe eloxiando a Ana Isabel Rebanales Rodríguez "pola súa enorme valía" e lamentando "profundamente" a súa decisión de abandonar a corporación.

A renuncia comunicada este domingo é a segunda que rexistra Democracia Ourensá tras as eleccións municipais, despois da dimisión en xuño de Ana Isabel Bertólez por "motivos persoais".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE